domingo, noviembre 25, 2012

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES. 
Cada ano, os mozos e mozas do terceiro ciclo da nosa escola participan no Concurso de Carteis que convoca o CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Bueu.
Nesta ocasión, como na edición anterior, compartimos convosco a nosa ledicia de contar entre o noso alumnado coas autoras do 1º PREMIO, MARÍA BROCOS JUNCAL de 5º A
e dunha MENCIÓN ESPECIAL, ISAURA FRAMIL DE AMORÍN de 6º B, respectivamente, na categoría de Ensino Primario.


Parabéns ás galardoadas e a todos os rapaces e rapazas que participaron nesta actividade de concienciación cidadá, poñendo cadanseu gran de tolerancia para cultivarmos un futuro de igualdade.


sábado, noviembre 24, 2012

A BANDA DE BUEU

   Onte tivemos o privilexio de recibir no cole á Banda de Música de Bueu. O director foi presentando os tipos de instrumentos e fomos escoitando como soaban. Ademais, puidemos ver rapaces e rapazas que estudaron no centro. Que alegría levamos! 

Click to play this Smilebox slideshow
                            
                             Create your own slideshow - Powered by Smilebox
       Make a free picture slideshow 

     Algúns compañeiros ata se atreveron a facer de directores da orquestra!


           
        

miércoles, noviembre 14, 2012

OLLOS DE AULA

Imaxe sacada de http://davidov3.blogia.com/
    O mes pasado naceu unha nova revista mensual "Ollos de aula". Nela todas as familias poderedes ver noticias e novidades relacionadas coa educación, cos hábitos, cos estudos e tamén coa lingua galega. Esta iniciativa parte dende a coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que ten o obxectivo de fomentar o emprego da lingua galega a través de diversas actividades e creación de recursos. Supón un apoio para todos os centros, tanto públicos como concertados, de dinamizar nos seus centros o idioma. Como vedes xa temos o mes de outubro e de novembro colgados na marxe.

O MAGOSTO

     A semana pasado todo o cole celebrou o Magosto. Xogamos, comemos castañas e queimamos os nosos medos para que desapareceran grazas a unha apócema. Dende facía algún ano resultábanos imposible participar nos xogos tradicionais porque chovía pero esta vez, conseguímolo! Aquí vos deixamos algunha mostra dese día.


               


                                  Click to play this Smilebox slideshow
                                Create your own slideshow - Powered by Smilebox
                                 This free picture slideshow customized with Smilebox     

martes, noviembre 06, 2012

CONCERTOS EN FAMILIA

      Este domingo 4 de novembro foi un día especial para os nenos e nenas de 1º e 3º de primaria posto que foron os diseñadores dos debuxos que ilustraron os contos musicados de Pedro e o lobo e O veado florido. Foi estupendo! Mentres soaba a orquestra, aparecían os debuxos e o narrador ía contado a historia. Por sorte para os que non o sabiades, deixámosvos un pequeno vídeo de cada conto.