lunes, marzo 25, 2013

ALMORZOS SAUDABLES

  Durantes dúas sesións, martes e venres, os rapaces e rapazas de 5º e 6º tivemos unha actividade chamada "Almorzos saudables". Como indica o seu nome, a parte de almorzar todos xuntos, estivemos atentos ás charlas que nos ofreceron sobre os alimentos: a importancia de almorzar ben e correctamente, incluíndo alimentos de tres tipos (lácteos, froitas, ...) e tamén a periodicidade de consumo de determinados alimentos.

   
     Probamos dous almorzos: o mediterráneo e o inglés. No primeiro, comemos pan con xamón serrano, tomate e aceite, unha mandarina e leite; no segundo, ovos revoltos con xamón cocido, unha pera e leite.  
    Tamén nos quedou clara a importancia de lavar ben os dentes e a lingua!!!

jueves, marzo 14, 2013

RECITANDO A ROSALÍA


Os mozos e mozas de 6º tamén lle renderon a súa particular homenaxe a Rosalía. 
Os de 6º A recitaron: “Cantarte hei, Galicia” e os de 6º B, “Airiños, airiños, aires, airiños da miña terra”.





RECITANDO A ROSALÍA

    O 24 de febreiro, coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro,  celebrouse o cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares Gallegos. O cole quixo ofrecerlle unha homenaxe aprendendo algúns dos seus poemas. Podedes atopar os vídeos doutras clases a través dos blogues ou en youtube.
Aquí vos deixamos o poema de "San Antonio bendito". 

           

lunes, marzo 11, 2013

OS DETERMINANTES MOLAN!

Este é un libro interactivo para repasar os determinantes en 5º.

sábado, marzo 09, 2013

8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Onte, asistimos á entrega dos premios do Concurso de Carteis que convoca o Concello de Bueu para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

O acto estivo presidido polo Sr. Alcalde, D. Félix Juncal, que nos falou da importancia de fomentar valores como a igualdade de oportunidades que nos permitan construír entre todos unha sociedade máis xusta.
 
 
Na presentación, un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO do Colexio Virxe Milagrosa dramatizou con monicreques, unha breve adaptación da obra de Tomie de Paola titulada “Oliver Button é unha nena”; moi adecuada para a ocasión.

Catro alumnas do 3º ciclo da nosa escola recibiron senllas mencións especiais polos traballos cos que participaron. Velaquí están.:
 
MARÍA BROCOS JUNCAL-5º A,  ICÍA ESCRIBANO CABALEIRO-5º B, ISAURA FRAMIL DE AMORÍN-6º B e MARTA NOGUEIRA PASTORIZA-6º B.