domingo, abril 28, 2013

PAPIRUS VIVE NOS CONTOS CLÁSICOS

Nesta semana de Libros e celebracións, os rapaces e rapazas de 6º quérenvos presentar novas versións dos contos clásicos   nos que aparece un personaxe moi especial.
Para elaboralos puxeron a funcionar o batedor  de historias e nel mesturaron contos de sempre cunhas pingas de maxín, dez megas de tecnoloxía e grandes doses de traballo.
Velaquí o resultado! Desexamos que sexa do voso agrado!

















jueves, abril 25, 2013

XABIER DOCAMPO VISITA O NOSO BIBLIOCASTELO


Hoxe foi un día especial no noso Bibliocastelo. Tivemos a fortuna de contar coa presenza de Xabier Docampo.
 Esta visita formaba parte do programa de actividades organizadas co gallo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de abril).
Os mozos e mozas de 6º recibiron o autor lucense despois de leren O MISTERIO DAS BADALADAS, unha extraordinaria novela de aventuras que os mantivo en vilo, mesmo máis aló da última páxina.


 O escritor falounos da importancia da lectura, do excepcional contador de historias que era o seu pai, da novela que marcou a súa infancia: A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson; de Don Álvaro Cunqueiro e de Merlín e familia; de innumerables libros dos que nos recomendaría gozar; de que sobre todo, se sinte lector…
Pasamos tamén momentos moi distendidos nos que foron os alumnos e alumnas de 6º quen lle presentaron pequenos enigmas que el debía resolver.
 
 

 
Rematou o encontro coa sinatura de exemplares do libro.
 
Moitas grazas, Don Xabier, por este día!

miércoles, abril 24, 2013

DE EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

Hoxe fomos de excursión a Pontevedra. Pensaredes que non é moi especial por estar aí ao lado pero fixemos dúas actividades: ás 11 estabamos esperando no conservatorio para ver A frauta máxica de Mozart. Había un teatriño de títeres e músicos que tocaban acompañando a historia. 

Ao inicio de todo, presentáronse os distintos instrumentos que estaban alí.

En canto saímos da actuación, retratámonos todos xuntos e diríxomos cara Tomeza. 



Alí, divídimos en dous grupos e demos un paseo pola beira do río. Foi xenial porque o guía foinos comentando das árbores que había e como recoñecelas. Ademais, contáronnos curiosidades sobre as estrugas que nos pareceron moi interesantes. 


         



           


Todo isto sen contar as vistas que tiñamos, o fresquiño e un carballo centenario río abaixo. 




Ao rematar, demos as grazas á asociación vaipolorío dado que son eles os que se ocupan de mandar limpos os camiños preto do mesmo para que a xente poda pasalo tan ben coma nós. Quedamos encantandos así que, as profes non dubidaron en dicirnos de volver alí cos nosos pais. Toda a información pódese atopar na dirección
                                          
                                  http://www.vaipolorio.org/  









martes, abril 23, 2013

MENOS FACE Y MÁS BOOK

   Con este xogo de palabras atopouse a profe Cris na vitrina dunha nova librería de Pontevedra D-Lectum. Pareceulle unha imaxe acertada para celebrar este 23 de abril, día internacional do libro


                                            

  Despois do recreo, na hora de ler, deleitámonos todo o cole cun poema de Paula Carballeira escrito especialmente para hoxe. Gustou moito e por iso, queremos que tamén vós o leades. 





martes, abril 16, 2013

ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS

   Levavamos esperando este teatro todo o curso, no Entroido disfrazámonos cos personaxes do conto. Si. Acertastes. O 16 de abril fomos ver Alice in Wonderland no cine Salesianos de Vigo. Pasámolo ben vendo a Alicia, unha rapaza soñadora e valente descubrindo un novo mundo onde fixo amigos pero tamén un gran inimigo: o rei de corazóns. Aínda que na versión orixinal non é con el o problema,  tívose que facer unha readaptación debido a que había unha actriz e dous actores. 
     Despois da obra, tivemos a oportunidade de facerlles preguntas acerca dos personaxes e da escenificación.