viernes, junio 21, 2013

FIN DE CURSO

    Bueno, chegamos ao final... Pasámolo ben no último día: cantamos, bailamos, rimos... pero tamén foi unha mañá chea de emocións porque tivemos que despedir a Cristina de 5º B que non estará connosco o próximo curso. Entre todos fixémoslle un regaliño esperando que se acorde de nós e escoitamos como varias compañeiras preparon un pequeno concerto para ela...Que bonito! A profe Eva tamén tén que marchar e quedou sorprendida cando sacamos uns detalles para que lembrase ós seus alumnos do CEIP A Pedra e á súa compañeira de 5ºA. Moitos bicos ás dúas e esperamos que volvades pronto!!!

                                      Click to play this Smilebox collage
                                     Create your own collage - Powered by Smilebox
                                   This free picture collage personalized with Smilebox

martes, junio 18, 2013

MENUDA EXCURSIÓN


Menuda mala pata tivemos... Marchamos ilusionados de excursión ao Aquapark de A Coruña e foi un día pasado por auga. Que desastre! A pesar da choiva tratamos de levantar os ánimos e pasalo o mellor posible pero a medida que avanzaban as horas o pronóstico do tempo non nos favorecía moito. De volta para a cole paramos no centro comercial de Santiago para tomar algo e mercar algún detalle. Estivemos un par de horas e as profes decidiron que era preferible voltar. 






Xa coñecedes o dito:
thwea02.gif (2659 bytes)

thwea02.gif (2659 bytes)thwea02.gif (2659 bytes)  thwea02.gif (2659 bytes)
         NUNCA CHOVE A GUSTO DE TODOS!

martes, junio 11, 2013

A CACHIZA


Esta primeira semana de xuño visitounos o “Clube Corredoiras” para xogar con nós a un xogo tradicional, A Cachiza. Os primeiros en probalo foron os de 5º de Primaria, o xoves seis despois do recreo,  e o día seguinte, os afortunados foron os de 6º de Primaria. Fixeron tres roldas e os clasificados de cada grupo disputaron unha final da que resultaron  gañadores  Daniel, Mario e Alejandro de 5º e Alex, Cristian e Javier de 6º. A actividade foi todo un éxito, os nenos/as  pasárono pipa e as mestras tamén, recordando vellos tempos. Só nos queda agradecerlles o clube e os seus monitores a súa colaboración.  Esperamos contar con vós de novo para o vindeiro curso. ¡Grazas Corredoiras¡