jueves, febrero 26, 2015

A ESCRITORA ANA ALONSO VISITA O NOSO BIBLIOCASTELO!


Esta mañá recibimos unha visita moi especial, a escritora Ana Alonso.


Nesta ocasión, veu para falarnos de Un hotel en la bahía, unha novela xuvenil que forma parte da colección Pizca de sal da Editorial Anaya e que garda relación directa co tema central do proxecto de biblioteca deste curso: A ARTE.

Trátase dunha historia de misterio e aventuras que transcorre durante unhas vacacións de verán nunha vila costeira do Cantábrico. O escenario principal é un hoteliño familiar instalado nunha casa de indianos de principios do século XX.
O protagonista, Jorge, un rapaz de doce anos que acaba de fracturarse un pé, está convencido de que vai pasar as peores vacacións da súa vida. Pero todo cambia cando coñece a Blanca, a neta da dona do hotel. A moza revélalle un secreto: está convencida de que no hotel se agocha un cadro que contén a clave para descubrir un valioso tesouro artístico e pídelle que a axude a atopalo.
Ana contounos que a idea para o argumento desta novela se lle ocorreu porque o seu fillo sufriu unha fractura no fémur a comezos dun verán e iso obrigounos a cambiaren os plans para aquelas vacacións.
Explicounos que ademais de ser unha grande amante da lectura, tamén lle gustan moito a Historia e a Arte., razóns polas cales lle resultou especialmente agradable inventar esta novela.
Así mesmo, invitounos a reflexionar sobre a evolución do comportamento dos personaxes, sobre a importancia de “ter a mente aberta e non deixarse levar polos prexuízos”.

Animounos a seguir lendo porque “a lectura é unha forma de asomarse ao mundo” e desvelounos que un pai amante da lectura, unha casa chea de libros e o gusto por viaxar sementaron nela o desexo de ler e a necesidade de escribir. Desde ben cedo, compoñía poemas e inventaba historias que cos anos , foi gardando como un tesouro persoal.
Aos dez anos, fixo a súa primeira “publicación” na revista escolar que de maneira artesanal editaban no seu colexio.
Aos dezanove, sendo estudante de Bioloxía, presentouse a un concurso de poesía que gañou e cuxo premio supuxo a primeira publicación oficial dunha obra súa. Tras este, habían chegar moitos máis.

Nós contámoslle que lemos o seu libro entre todos, na clase, e que ademais de proporcionarnos momentos de diversión e intriga, tamén nos dou pé para falar e investigar sobre temas tan interesantes como A Guerra Civil Española; así como para descubrir a grandes artistas de todos os tempos coma Monet (casualmente, un dos seus pintores preferidos) ou obras tan peculiares coma os ovos de Fabergé.



En sinal de gratitude, entregámoslle algúns dos traballos que inspirou o seu libro: narracións  ambientadas en cadros famosos como “A noite estrelada”, de Vang Gogh; “O estanque dos nenúfares”, de Monet ou “Paseo á beira do mar”, de Sorolla.





Antes de partir, asinounos o libro.



Unha vez máis, Grazas!

















viernes, febrero 13, 2015

ENTROIDO CON ARTE NA PEDRA

    O venres 13 gozamos todos dun Entroido inesquecible, non só polo ben que o pasamos senón polo mal tempo que nos impediu saír. Este curso, como xa saberedes todos, dedicámonos á arte e cada clase foi elexindo un disfraz que tivese que ver co tema. Os de 5º pensamos nun gran compositor: Wolfang Amadeus Mozart. Despois do recreo iniciamos os preparativos para vestirnos, os disfraces de Mozart tiñan máis traballo do que parecían. Quedaron chulísimos! 
http://gifgifs.com free gifNo ximnasio, cantamos e bailamos ao son das nosas cancións e atendendo ás dos demais compañeiros. Ao rematar, decidimos xuntarnos nunha aula e comer todos xuntos filloas, chulas e orellas. 
Queredes velo... Dádelle ao PLAY!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

martes, febrero 03, 2015

CHARLAMOS CON RAMÓN

Hoxe tivemos a sorte de contar de novo con Ramón que nos trouxo un video sobre estereotipos de xénero. Nel, un neno desexa bailar e atópase na clase de ballet con todas as nenas que se estrañan e se mofan. No festival de fin de curso, Fabio, o protagonista, interpreta unha coreografía e arrinca os aplausos do público.
Por outro lado, aparece unha rapaza amante do fútbol entre un equipo composto por nenos. Como vai cumprir doce anos, o adestrador dille que non poderá xogar o curso que ven porque non pode compartir vestiario cos rapaces. Os seus compañeiros deciden recoller sinaturas para apoiala e que se abra outro vestiario.
O vídeo remata mostrando aos dous protagonistas de adultos, que resultan ser irmáns, charlando cos seus pais e manifestando o triste que é non poder dicirlle a alguén o que che gusta facer, que nada non pode condicionar. Agora, eles marcan a diferenza, Fabio como profesor de ballet e Xenia como adestradora...
Tralo vídeo estivemos debatindo un pouco acerca da igualdade, dos papeis que se lle atribúen a homes e mulleres, da popularidade de determinados deportistas masculinos en detrimento das mulleres. Foi moi interesante!!!