miércoles, marzo 25, 2015

ODAIKO PERCUSSION GROUP

   O mércores 18 de marzo fomos de excursión a Pontevedra. A verdade sabiamos que era unha actividade de música pero quedamos soprendidos co grupo Odaiko. Ensináronnos que o primeiro instrumento musical foi o noso corpo e que podemos facer música con case calquera material. Se queredes saber algo máis destes rapaces, visitade a súa web:
                                        http://odaiko.es/ 


 
                            Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

domingo, marzo 08, 2015

8 de marzo, Día Internacional da Muller, Día da Igualdade



8 de marzo, Día Internacional da Muller, Día da Igualdade

O pasado venres, 6 de marzo, foi un día realmente especial para nós. O CIM do Concello de Bueu celebraba a entrega de Premios do IX concurso de viñeta e ilustración baixo o lema “A Igualdade no traballo” que organiza cada ano con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER .

A nosa escola xogou un papel relevante nesta gala:

Por unha banda, Gabriel Oliveira Carballo , de 6º A, gañou o primeiro premio e  Inés Brión  Martínez, de 5º A, e Inés Hermo Sanmartín, de 6º B, cadansúa  mención especial.




Ademais, correspondíanos a tarefa de levar a cabo a declaración institucional,  para o que, as alumnas e os alumnos de 6º prepararan unha actuación dividida en tres partes:

Lara e Xoel deron comezo á nosa intervención compartindo con nós a historia da  avoa de Xoel, que  foi redeira durante a súa mocidade. 



Seguidamente, os mozos e as mozas de 6º subiron ao escenario para recitaren un fragmento do poema de Elvira Riveiro titulado “As redes de Inés”, dedicado a todas as mulleres que, como a avoa de Xoel, foron atadeiras.


Para rematar, Sabela e Jairo explicaron o proceso completo de composición e gravación  da “Canción pola igualdade” (as  alumnas e  os alumnos de 6º compuxeron a letra partindo dunha melodía popular).


Finalmente, proxectamos o vídeo coa gravación. O resultado foi  extraordinario!



O sábado, día sete, saímos na portada do Faro de Vigo, en cuxo interior nos dedicaban unha fermosísima crónica a páxina completa!, pola cal queremos darlles as nosas máis sinceras grazas.