domingo, mayo 31, 2015

UNHA SESIÓN DE ASTRONOMÍA NA AULA DE CIENCIA



Este venres os alumnos e as alumnas de 6º rematamos a semana cunha sesión de Astronomía na aula de ciencia.


Os membros  do CLUB DE ASTRONOMÍA DO IES JOHÁN CARBALLEIRA viñéronnos invitar a descubrir o sorprendente e divertida que pode resultar a Física.
 
A visita pareceunos do máis interesante, faláronnos de conceptos como os campos electromagnéticos, dunha capa que protexe o noso planeta chamada magnetosfera, de como esta nos resgarda dos trebóns solares e de cal é a súa relación coas auroras boreais.



Levamos a cabo varios experimentos como o de imantar unha agulla para facer dela un compás.






 
Seguro que o próximo curso algún de nós tamén se ha converter nun estudoso do firmamento.







Moitas grazas pola experiencia, foi un pracer!

martes, mayo 19, 2015

María Reimóndez Visita a nosa escola


Hoxe recibimos na nosa escola unha visita moi especial, a da escritora María Reimóndez, autora dun dos libros que lemos este ano os mozos e mozas de 6º.


 

 
Trátase de Volvo! O regreso de Usha , unha novela xuvenil  protagonizada por unha rapaza galega que vive na India coa súa nai, unha doutora que traballa nunha ONG.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Esta é, en realidade, a segunda parte doutra que publicou no ano 2006 que leva como título o nome da súa protagonista, Usha.
 

Unha historia coa que aprendemos, sobre todo, a descubrir unha forma diferente de observar a realidade,
 
 
 

unha maneira distinta de poñérmonos "na pel dos demais"..., outro xeito de escoitar, de  vivir noutros lugares, noutras culturas...
 


 
 

Un libro ideal para ler neste momento das nosas vidas que agora comeza, no que todo está a piques de cambiar.




 
 
Antes de marchar asinounos os libros con cadansúa dedicatoria.


Foi moi amable!!!

 

Moitas grazas, María!!

 

 

viernes, mayo 15, 2015

O CORRELINGUA


martes 12 de maio, para conmemorar a festa da lingua galega, saímos por Bueu. Xuntámonos na rúa rapaces e rapazas dos distintos coles do Morrazo. Despois, asistimos a un concerto de Brinca Vai!! Tivemos a ocasión de lucir as nosas camisetas e de reencontrarnos con antigos compañeiros e profes; así, logo de brincar unhas horas, volvemos ao cole. Menuda festa da lingua!








jueves, mayo 14, 2015

THE LITTLE MERMAID


O luns 11 de abril baixamos ao Centro Social do Mar para ver a representación da sereiña en inglés: The Little Mermaid. A historia conta como unha serea se namora dun rapaz e trata de salvalo das gadoupas dunha perversa. Este espectáculo necesitou de actores e actrices, polo tanto, fíxose un casting para representar os diversos personaxes. Velaquí unha pequena mostra!


                                Click to play this Smilebox slideshow
                             Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free photo slideshow

miércoles, mayo 13, 2015

TALLER DE ANIMACIÓN Á LECTURA

O mércores tivemos o privilexio de acudir a unha actividades de animación á lectura na biblioteca. Cun personaxe nas costas e sen poder velo, ían facendo preguntas para poder averiguar o personaxe misterioso. Don Quixote, Brancaneves, o Parruliño feo foron algúns dos utilizados para amenizar o xogo.
Aquí podedes ver un par de fotos!



           

domingo, mayo 03, 2015

Apadriñamentos lectores entre 6º e 3º

Os mozos e mozas de 6º tivemos que agardar uns diíñas despois do 23 de abril, porque o noso amigo Lourenzo, o sol, se resistía a saír.
Apadriñamos aos rapaces e rapazas de 3º, con quen xa compartiramos esta experiencia en anos anteriores. Hai que ver que maiores nos fixemos!
Buscamos para ocasión, aqueles libros que pensamos que máis lles podían gustar e compartimmos con eles un anquiño moi especial.
Finalmente, a espera pagou a pena!