viernes, octubre 30, 2015

24 DE OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Esta semana foi moi, moi movida!
O martes baixamos ao Bibliocastelo para levarlle un agasalliño de aniversario a Papirus! En realidade, xa fora o sábado 24 de outubro; pero como as fins de semana non imos á escola, tivemos que agardar a ao martes despois do recreo. Deixámoslle uns móbiles de cartolina e fío transparente que construímos en plástica coa profe Rebeca e que representan planetas flotando no universo bibliocastelar. Tamén, as dúas cartas que lle escribimos, preocupados pola súa ausencia.
Cando chegamos alí, quedamos abraiados! Papirus enviáranos unha mensaxe desde o espazo! 
Contounos que anda moi ocupado descubrindo as marabillas do Cosmos e animounos a investigar no seu 
UNIVERSO DE LIBROS! 


Ademais, Lina leunos un conto precioso sobre as fases da Lúa titulado Papá, achégasme a Lúa?

Xa sabedes, este ano toca mergullarse na inmensidade azul do firmamento!

sábado, octubre 03, 2015

Feliz comezo de curso 2015-2016



Neste curso que comeza,
xuntos imos viaxar
na procura de experiencias
ata o espazo sideral.
Descubrindo novos mundos,
sabedoría universal,
viaxaremos polos libros,
nunha gran nave espacial.

Vestide o voso escafandro,
non vos demoredes máis,
novos retos nos agardan.
A nave vai despegar!!!