PROMOCIÓN DO ATLETISMO EN PISTA
sábado, abril 23, 2016
sábado, abril 16, 2016
OBRADOIRO DE ALFOMBRAS FLORAIS
Este venres, 15
de abril, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º aprendemos un novo concepto: a arte efímera.
Chámanse así aquelas obras que, polos materiais cos
que están elaboradas (flores, fiúncho, codia de laranxa, cuncha de croque … ou
outros elementos de orixe orgánica) e polo lugar onde se plasman (as rúas da
vila), non perduran no tempo.
Este é o
caso das alfombras de flores que cada ano engalanan as nosas rúas o día de
Corpus. Á parte da fermosura de seu, teñen de especial o encanto do labor feito
en común, da aprendizaxe oral, da sabedoría popular … Varias xeracións dunha
mesma sociedade compartindo traballo e lecer, tecendo o pasado e o futuro do noso patrimonio cultural.
Nesta
ocasión, recibimos a visita de Rafa e de Ata en representación da ASOCIACIÓN DE
ALFOMBRAS DE BUEU. Explicáronnos a orixe
desta tradición, da que na nosa vila hai constancia desde hai moitos anos.
Ademais, faláronnos de que existen
outros lugares en España e en Europa nos que tamén se confeccionan.
Para rematar,
tivemos a sorte de poñer en práctica o aprendido. Rafa e Ata prepararan uns
deseños da cara CASTELAO a escala e os materiais necesarios para cubrilos.
Velaquí tendes unha mostra do traballo realizado.
Este ano todos participaremos na festa!
martes, abril 12, 2016
Cachiza
O pasado venres 8
de abril visitáronnos Chefa, Otero, Moital e Brión catro componentes da
¨Asociación Corredoiras¨ para ensinarnos como se xoga á Cachiza.
Comenzamos nada
máis chegaren ao colexio. Primeiro participaron os mozos e mozas de 6ºB, logo os de 6ºA e rematamos
a xornada cos de 5ºA e B xuntos.
Cando chegabamos
onda eles, o primeiro que nos amosaban eran os paus cos que iamos
xogar, un pau grande chamado pateiro e un pequeño, a cachiza. Logo, o terreo de xogo e ata onde tiñamos que intentar
levar a cachiza. E despois, o sistema de xogo e a puntuación.
Unha vez que nos
explicaron as normas básicas,
puxémonos a probar como era iso de levantar e golpear a cachiza, para máis
tarde poder xogar un par de roldas por equipos. Ao principio, custábanos
un pouco picar o pau;
pero despois dun par de intentos,
todo ía rodado. Foi toda unha experiencia, pasámolo súper ben, tan ben, que a sesión se nos fixo curta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)