miércoles, mayo 25, 2016

Cuadrangular de Beluso

Como tódolos anos, co gallo da semana Cultural de Beluso, chegounos ao centro unha invitación do CEIP Montemogos para participar no cuadrangular de fútbol que organizan para os colexios da zona de Bueu.
Con tal motivo, saímos ás dez da mañá un grupo de nenos-as de 6º de primaria, para representar ao noso centro e o esforzo valeu a pena. Comenzamos cun partido cos nenos-as do Virxe Milagrosa e a verdade é que non nolo puxeron nada fácil. Logo, xogamos cos de Beluso e, como xa tiñamos os motores acendidos, a cousa resultounos máis doada. Para rematar, quedábanos o partido cos de Cela e despois de velos xogar cos outros equipos, non as tiñamos todas con nós. Pero Celtia arrancou cun gol e logo, aínda que con moito esforzo, conseguimos facernos coa vitoria. 



Noraboa, nenos-as, suastes a camiseta, e os boliños de leite cos que nos agasallaron foron merecidos!
Parabéns tamén para o resto de participantes: os do CEIP de Montemogos, os  do CEIP A Torre-Cela e os do CPR Virxe Milagrosa.
 Grazas pola invitación e ata o ano que vén!

martes, mayo 24, 2016

 PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado mércores 18 de maio tivemos a visita de Catuxa, unha enfermeira voluntaria da Cruz Vermella que compartiu co alumnado de 3º e 5º de  Primaria unha sesión de Primeiros Auxilios. Nela amosounos os tres pasos básicos a seguir ante unha situación de emerxencia:
  • PROTEXERSE
  • AVISAR-112
  • SOCORRER
Tamén nos aclarou como actuar ante distintos casos que se nos poden presentar na vida cotiá, tales como: atragoamentos, feridas, hemorraxías nasais...e rematou coas situacións de inconsciencia. Nestas, os nenos-as puxeron en práctica a "posición de seguridade" e o RCP (reanimación cardiopulmonar).



O momento máis divertido foi a rolda na que participou todo o alumnado realizando o RCP  ao ritmo da "Macarena"





Finalmente, cantamos  unha canción infantil adaptada, a modo de resumo, cos pasos a seguir ante unha      EMERXENCIA  


                      

               
Grazas, Catuxa, pola túa visita!