lunes, diciembre 29, 2014

MARCHAMOS DE VACACIÓNS

  Xa rematou o primeiro trimestre e para despedirnos, as profes organizaron un taller de arte onde iamos crear entre todos un cadro baseado na artista buenense Rosa Elvira Caamaño. Primeiro estivemos lendo sobre ela e descubrimos que é unha persoa que estudou moito, participou e gañou premios tanto en España como en Italia, onde traballou un tempo. Despois, as profes distribuíronnos por grupos e cada un era o encargado de realizar un tipo de flor de papel ou cartolina. 





     A medida que tiñamos moitas flores feitas, fomos montando o noso cadro e engadindo elementos como froitas e animais, imitando así o orixinal. Sabedes algo? Quedáronnos xeniais! As profes dixeron que eran obras feitas por verdadeiros artistas.


     Mais a mañá non rematou aí porque baixamos ao patio e ao voltar estivemos merendando... Que rico estaba todo! Ademais, visitáronnos rapaces e rapazas que estiveran no cole o ano pasado e quedaron connosco un ratiño. Algunhas rapazas cantaron unha canción e tocaron a guitarra e o violín para nós. Foi un momento moi especial!



Vémonos en xaneiro!!!


DE EXCURSIÓN A VIGO

  O martes 16 fomos de excursión a Vigo. Alí, esperábanos unha mañá chea de actividades... Primeiro,  empezamos por descubrir como se conservaban as obras de arte, como se podían transportar cando as dimensións eran moi grandes e cal era o cometido dun comisario de arte. Aprendemos un montón con todo isto e ata tivemos tempo de participar nun xogo de pistas por grupos e estar atentos ás pistas para descubrir cal era o cadro que había que atopar. 




Despois de todo isto, entramos na parte de Naturnova onde fomos descubrindo catro salas: a do universo, a da contaminación, a da natureza e a do fondo mariño. Aínda que nos gustou todo, creo que nos quedamos coa máquina de fabricar tornados e o submarino. 





    A verdade é que esperamos volver!!!


Maxia con Ramón

A principio de curso tivemos que lembrar como redactar unha carta e decidimos entre todos enviarlle unha a Ramón. Nela pediamos que nos fixera un pase privado para o aniversario de Aitor, o 11 de decembro. Naquel intre, Ramón entrou pola porta e leu no encerado unha mensaxe destinada a el. Menuda sorpresa! Non dubidou en aceptar a invitación e deleitarnos un ratiño con algún truco.