martes, junio 30, 2015

A NOSA GRAN AVENTURA

   O pasado 18 de xuño viaxamos ata A Coruña. Pasámolo xenial!!! Despois de máis dúas horas de traxecto chegamos ao planetario onde nos esperaban varios pisos de actividades e experimentos. Logo, tivemos unha sesión de cine 3D relacionada coa arte. Chamábase "A noite estrelada" e personaxes de pinturas e esculturas famosas ían contando particularidades sobre o universo. Entrementres, tomamos algo nos arredores porque xa estabamos mortiños de fame...  
Subimos ao autobús e dirixímonos cara o Domus. Alí, atacamos os tuppers e comemos todos xuntos gozando dunha marabillosa vista ao mar... Unha vez rematado, visitamos as diferentes salas onde puidemos ver xogos interactivos e curiosidades sobre o ser humano.
Os ataques de fame volveron e non nos quedou máis remedio que buscar unha xeadería... En canto o autobús aparcou, todas as miradas se dirixiron á furgoneta do xeado...Obxectivo conseguido! Xa tiñamos forzas para dar unha volta e achegarnos á Torre de Hércules. Pechada por mor do vento, tivemos que conformarnos con ollala desde fóra e facer algunha que outra foto de recordo. Outra vez será...


Click to play this Smilebox slideshow

This photo slideshow generated with Smilebox

martes, junio 16, 2015

O OGROCHO

   O luns 15 de xuño baixamos ao Centro Social do Mar para ver a obra do Ogrocho. Conta a historia dun ogro que vive coa súa nai no bosque. Con 6 anos vai por primeira vez á escola e alí os demais nenos ven as diferenzas: o Ogrocho é máis alto, máis forte e... posúe uns instintos. Ao longo da obra superará tres probas para dominar eses instintos. 

Unha historia tenra que invita á superación e ao amor.


         

domingo, junio 14, 2015

EXCURSIÓN FIN DE CURSO- 6º DE PRIMARIA ( Albergue O Rexo - Allariz - 8, 9 e 10 de xuño de 2015)


Este pasado mércores, ás 10 da noite, os rapaces e rapazas de 6º regresamos da nosa excursión de fin de curso.
Pasamos tres días en Allariz, no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, situado no lugar de Paciños.
Foron tres días intensos de diversión a rabiar, cheos de actividades e xogos do máis interesantes. Practicamos tiro con arco, bañámonos no río Arnoia, visitamos a vila de Allariz, coñecemos a súa Historia, xogamos na piscina municipal e aprendemos que é unha RESERVA DA BIOSFERA no Centro de Educación Ambiental O Rexo, onde Carlos, o educador medioambiental, nos explicou en que consiste a súa riqueza natural e que fai deste, un lugar tan especial. Alí coñecemos a Ebrima, o pastor que coida das ovellas. Co leite que dan, fan un queixo riquíííííííííííííííísimo!

Todo estaba moi ben organizado e sentímonos como na casa. Tratáronnos con con todo o mimo do mundo e desde aquí queremos darlles as grazas e mandarlles unha aperta ben forte a todos e a todas; ao grupo de monitores dirixido por Aldara e formado por: María, Ali, Gabriela, Adri e Marcos; ao equipo de administración, integrado por Mila, Chon e Bernardo, a Carlos, o biólogo, a Corona, que se encargaba de que todo estivese ben limpo e a Belén, a cociñeira, que nos preparaba uns pratos.... para lamber os dedooooos! TODOS SON SIMPATIQUÍSIMOSSSSSSSSS E AMABILÍSIMOSSSSSSSSSSSSSSSSS!

Por certo, ORGANIZAN CAMPAMENTOS DE VERÁN. Este é o enderezo:

ANIMÁDEVOS! VEREDES QUE PAGA A PENA, PASARÉDELO EN GRANDE!!!!
Velaquí vos deixamos algunhas imaxes para que vexades que é certo o que contamos!

sábado, junio 06, 2015

PRETROGLIFOS DA PEDRA



Esta semana empezamos un novo tema, A Historia, e que mellor maneira de estudar a Prehistoria que baixando á entrada do cole par dar cor ás pinturas rupestres que realizaron os nosos artistas Ramón e Martín.


Ao longo deste trimestre estiveron traballando neste pequeno proxecto, esculpiron os petroglifos máis representativos da provincia de Pontevedra.


Todo o alumnado de 5ºA e 5ºB  puideron disfrutar dunha sesión onde os protagonistas foron eles. Porque sen dúbida a mellor maneira de aprender e que a aprendizaxe sexa significativa é involucrando ao alumno.

Resultado de imaxes para frases célebres Enseñame y olividare

" Dime e olvidarei,
ensíname e recordarei
pero implícame e aprenderei."

Benjamin Franklin


 E como mostra do ben que o pasamos...