martes, marzo 08, 2016

Celebrando o 8 de marzo

     O 8 de marzo, día da muller traballadora, Inés Brión Martínez (6ºA), Rocío Novas Santaclara (5ºB) e Salvador Santos Piñeiro (5ºB) estiveron no Centro Social do Mar de Bueu acompañados dos seus compañeiros para recibir un agasallo polo traballo realizado na conmemoración deste día. Todos estivemos atentos dado que o padriño desta edición era alguén ben coñecido polo cole de A Pedra: o pintor Barreiro. Quedou impresionado coas ideas dos rapaces e rapazas!
Felicidades!