martes, enero 31, 2017

PRESENTACIÓN DE TITORES-TITORIZADOS ("PROGRAMA TEI")

Este ano, o noso cole embarcouse nun novo proxecto:


"TITORÍA ENTRE IGUAIS: PROGRAMA TEI"

Este proxecto, busca mellorar a convivencia no centro, resolver os conflitos, e favorecer as relacións para así previr a  violencia e o acoso escolar.
Os protagonistas son o alumnado de quinto que titorizan ao alumnado de terceiro de primaria.
Este alumnado, tras ter unhas xornadas de información e formación, protagonizou o pasado mércores, 25 de xaneiro, unha experiencia moi emotiva. Cada alumno e alumna de quinto, titor ou titora, coñeceu ao seu titorizado ou titorizada, alumno ou alumna de terceiro.
Reuníndose primeiro na biblioteca e na sala de uso múltiples entrevistáronse mutuamente:
 Alumnado de 5º B entrevistando aos seus titorizados de 3ºB
Alumnado de 5ºA entrevistando aos seus titorizados de 3ºA

Posteriormente saíron todos ao patio. Primeiro os titores e titoras serviron de lazarillos e guiaron aos titorizados como se  se tratase de persoas invidentes polo patio.
Remataron o día facendo un xogo por parellas, no que as gargalladas foron as principais protagonistas:

Este proxecto, transmítenos esencialmente un gran optimismo. Un mundo mellor é posible, e estas rapazas e rapazas están moi concienciados. 
No seguinte vídeo poderedes ver máis imaxes deste inesquencible día.



viernes, enero 20, 2017

SILENCIO!!!! RÓDASE!!!


Esta semana vivimos na escola máis movemento do habitual (que xa é dicir...!).
Despois de dous meses traballando na redacción dos guións cinematográficos,  tivemos oportunidade de descubrir como se grava unha película de verdade! 

Para a ocasión, contamos cun equipo de profesionais coordinados por Ramón Torrente, director da rodaxe e do proxecto "Expresarte!", promovido pola Deputación Provincial e o CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Bueu, dentro do programa de actividades destinadas a previr a Violencia de Xénero entre a mocidade.

A verdade é que non é nada doado. Hai que se concentrar para  non mirar á cámara, para  non facer ruído mentres se grava... A vida dos cineastas non é tan fácil como se ve desde fóra.
Cámaras, cables por todas partes, micrófonos... claqueta e... RODANDO!!! SILENCIO!!!... ACCIÓN!!!

Foi unha experiencia que nunca esqueceremos!
Unha aperta moi forte para Ana, Brais e Ramón! Moitas grazas pola vosa paciencia!

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgoqcTB4Jq2jJdRQj7_tXsW1OHzgV53_aiYR7K_h7WTTYXbTcWnNBupP71ABjedT9c9AQMzc3Jmfm-BwWNd22JF6PW8tTokfx4YecxI5YfCaog0WePAhUcTkFDP3hTrzJsZZPcLqo727eQ/s1600/compri4.jpg



No blog do noso Bibliocastelo poderedes ler a noticia. Clicade no enlace para vela.

Tamén na páxina web do concello.