martes, junio 27, 2017

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 2016-2017



Despois dun ano intenso de traballo e esforzo, rematamos o curso cunha gran excursión.

Gozamos moito no parque multiaventuras de Padrón.

Alí, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fixemos  actividades moi divertidas:

- Circuitos de altura.
- Paintball Láser-tag
- Tiro con arco
- Tirolina
- Rocódromo
- Deslizador acuático 
- Piscina.

Deixámosvos neste vídeo unha mostra do ben que o pasamos:






lunes, junio 19, 2017


PROGRAMA   METEOESCOLAS


Neste curso o alumnado do CEIP plurilingüe A Pedra de Bueu, dentro do programa Meteoescolas e a modo de proxecto de fin de etapa levaron a cabo un traballo interdisciplinario onde interviñeron as áreas de Lingua Galega, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Matemáticas. Utilizaron como instrumento de aprendizaxe significativo o traballo cooperativo, distribuíndose o alumnado en equipos de 3 ou 4 compoñentes.  Deste xeito traballaron os  estándares de aprendizaxe  que tiñan relación con:

O tempo atmosférico, instrumentos que serven para observalo, a garita meteorolóxica, a Lúa, factores que modifican o clima, os climas de España,  os fenómenos meteorolóxicos, a formación das nubes, acción do home no medio natural, necesidade de coidar o medio natural, os espazos protexidos.



Ademais, organizaron en  táboas as precipitacións mensuais recollidas cos datos observados polo alumnado na garita meteorolóxica do colexio nos 5 primeiros meses deste ano  e tamén calcularon as medias mensuais das temperaturas máximas e mínimas. Con toda esta información elaboraron e interpretaron un climograma comparándoo cos datos meteorolóxicos históricos de Bueu.


Tendo en conta que en expresión escrita estudaran a análise  e redacción de textos xornalísticos, presentaron a modo de reportaxe a información  recollida que acompañaron con imaxes.
Todos os traballos colocáronos no taboleiro de cadansúa clase para posteriormente podelos gravar e traballar así os estándares de aprendizaxe de expresión oral.

Todas e todos puxeron o mellor de seu e aínda que á hora de gravar houbo quen se puxo nervioso e  se equivocou, confiamos en que saberedes desculparnos.

E velaí vai o resultado de tanto traballo. Que o desfrutedes!








































SAÍDA TEI Á PRAIA DE AGRELO!


O alumnado de terceiro e quinto vivimos o pasado venres, 16 de xuño, unha estupenda xornada de convivencia, para despedir o proxecto TEI neste curso escolar.
Saímos moi tempraniño de mañá e dirixímonos á praia de Agrelo. No mirador sacámonos estas fotos.






Tan pronto chegamos, dividímonos en dous grupos, e mentres 3ºA e 5ºA se dirixían á Sala de Interpretación do Litoral, 3ºB e 5ºB realizaban uns divertidos  xogos, dirixidos por dous monitores, no areal.
Na Sala de Interpretación, antigo matadeiro de Bueu, Manolo Otero, Concelleiro de Deporte e Medio Ambiente, foinos explicando a costa da nosa da vila dende a praia de Portomaior na parroquia de Cela ata a praia de de Areas de Bon na parroquia de Beluso. Contounos cousas moi interesantes, non só sobre a situación xeográfica senón tamén sobre a historia.
Xa na praia, realizamos varios xogos, baixo a dirección de Jose e Andrés. Pasámolo xenial, corremos, saltamos, bailamos pero sobre todo rimos a escachar!




Despois de merendar fixemos varios xogos máis. Nesta foto podedes vernos, afanados en facer o burato máis grande. As parellas estaban formadas por titor e titorizado.
UN DÍA PARA QUEDAR NA NOSA MEMORIA SEN NINGUNHA DÚBIDA!