Como cada ano, celebramos o día 30 de xaneiro o día da paz e da non violencia. Este ano escolléronse dúas cancións: Campás pola paz e Mandela's day.
Atopamos unha versión en linguaxe de signos da canción galega...Esperamos que vos guste!!!
Ademais de aprender as cancións, cada clase escolleu unha cita de Mandela que lle chamara a atención e decorouna, despois lémola no patio diante de todos.
Continuando co vea artística, recibimos a visita do CEIP Carballal de Marín que ofreceu un concerto a todos os rapaces e rapazas do cole de A Pedra. Estivemos moi atentos porque a profe Marta estaba no escenario cantando! Que ben o pasamos! Antes do concerto, os compañeiros de 2º ciclo recibiron a visita dos rapaces do 2º ciclo do Carballal cos que fixeron un apadriñamento lector e compartiron merenda.
Xa no centro social do mar, comezamos o concerto cunha pequena presentación...
Cada ano que pasa as postais que decoran os corredores do colexio son cada vez máis bonitas. Por iso, hai que agradecerlles ás nosas familias o moito que traballaron connosco realizando as postais. Quedaron xeniais!! Velaquí as megapostais de 6º curso!!!