lunes, junio 25, 2012

ADIÓS CON EL CORAZÓN...

    Con este retrouso ben coñecido por todos, os profes que demos clases en 6º este curso queremos despedirnos dos nosos alumnos e alumnas que tanta satisfacción nos deron. Queremos darlles as grazas a eles e as súas familias pola despedida tan emotiva que nos ofreceron a todos
Nerviosos pola actuación, soubestes estar á altura das nosas expectativas e esperamos que sigades sendo como sodes e que no voso corazón haxa sempre unha parceliña para o CEIP A PEDRA.
A emoción tan grande vivida non nos permite máis ca desexarvos unhas boas vacacións!!!!!!















martes, junio 05, 2012

DIARIO DA EXCURSIÓN...

     Hai apenas uns día, os rapaces e rapazas de 5º e 6º voltamos da nosa excursión de fin de curso. Estivemos 4 días por Barcelona.


    O 1º día visitamos os arredores da Sagrada Familia, canta xente! non puidemos entrar porque había moita cola pero, a nosa guía, explicounos brevemente o significado das fachadas. 

Despois, fomos ata o Parque Güell. Que bonito! A Gaudía encantábanlle as liñas onduladas! Que pena que na época ninguén quixo comprar unha casa aquí. Parecen casas de contos infantís.


     Dirixíndonos cara o restaurante, pasamos diante doutros edificios de Gaudí merecentes de ser vistos: A casa Batlló e a Pedrera. 








   
  Despois de comer, vimos unha película en 3D no cine IMAX. Que medo! Podiamos tocar os dinosaurios coas mans!!!! Ao rematar, dirixímonos cara o hotel, en Salou, e puxémonos a remollo.

   O 2º día non tivo nada que envexar ao primeiro por que fomos a PORT AVENTURA. Recorremos todo o parque en busca de emocionantes atraccións. Os profes tamén se animaron (aínda que as fotos non o demostren). A media mañá, vimos un espectáculo hawaiano no que algúns de nós nos atrevemos a bailar. Cansadiños, voltamos para o hotel a iso das 8 da tarde tras mercar un par de detalles para as familias. Que ben!

    O 3º día foi sen dúbida o noso favorito. Volvemos a Port Aventura pero neste caso á parte acuática. Subimos, baixamos, volvemos subir e volvemos baixar ata cansar. Pola noite, despois de cear, estivemos practicando coreografías. Estamos feitos uns bailaríns de categoría!!! As probas... neste vídeo.

video

   
     O último día, xa coas maletas feitas, visitamos o zoo de Barcelona. Ao rematar, despedímonos de Barcelona e voltamos para casa. A medianoite, estaban as nosas familias esperándonos e ese fin de semana durmimos, durmimos, durmimos, durmimos...