Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoración. Mostrar todas las entradas

jueves, abril 23, 2015

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO E DOS APADRIÑAMENTOS LECTORES


   Para conmemorar o día do libro, o día 23 de abril, despois do recreo, os rapaces e rapazas de 5º A apadriñamos aos de 2ºA. Sentados na herba, ao sol ou á sombra, lemos e falamos con eles sobre a lectura, os seus intereses, a súa familia, os amigos para así convertirnos en auténticos padriños e madriñas. Ao rematar, fixemos unha gran foto de familia. Neste vídeo, podedes ver o resultado!


                           

domingo, marzo 08, 2015

8 de marzo, Día Internacional da Muller, Día da Igualdade



8 de marzo, Día Internacional da Muller, Día da Igualdade

O pasado venres, 6 de marzo, foi un día realmente especial para nós. O CIM do Concello de Bueu celebraba a entrega de Premios do IX concurso de viñeta e ilustración baixo o lema “A Igualdade no traballo” que organiza cada ano con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER .

A nosa escola xogou un papel relevante nesta gala:

Por unha banda, Gabriel Oliveira Carballo , de 6º A, gañou o primeiro premio e  Inés Brión  Martínez, de 5º A, e Inés Hermo Sanmartín, de 6º B, cadansúa  mención especial.




Ademais, correspondíanos a tarefa de levar a cabo a declaración institucional,  para o que, as alumnas e os alumnos de 6º prepararan unha actuación dividida en tres partes:

Lara e Xoel deron comezo á nosa intervención compartindo con nós a historia da  avoa de Xoel, que  foi redeira durante a súa mocidade. 



Seguidamente, os mozos e as mozas de 6º subiron ao escenario para recitaren un fragmento do poema de Elvira Riveiro titulado “As redes de Inés”, dedicado a todas as mulleres que, como a avoa de Xoel, foron atadeiras.


Para rematar, Sabela e Jairo explicaron o proceso completo de composición e gravación  da “Canción pola igualdade” (as  alumnas e  os alumnos de 6º compuxeron a letra partindo dunha melodía popular).


Finalmente, proxectamos o vídeo coa gravación. O resultado foi  extraordinario!



O sábado, día sete, saímos na portada do Faro de Vigo, en cuxo interior nos dedicaban unha fermosísima crónica a páxina completa!, pola cal queremos darlles as nosas máis sinceras grazas.


viernes, noviembre 14, 2014

Outro Magosto pasado por auga

O luns 10 de novembro tivemos unha visita especial: a Asociación Retrouso de Cela. Viñeron animarnos a tocar un instrumento musical tradicional como unha maneira de conservar o noso patrimonio.






          

 Ía ser unha mañá inolvidable porque, porfin, íamos gozar de novo dos xogos populares pero... MENUDO DÍA! Outro ano volver chover... Aínda así, tratamos de pasalo ben e comemos unha morea de castañas no patio. 








Xa chegou o Samaín

Como cada ano, os rapaces e rapazas de A Pedra celebramos a chegada do Samaín escribindo pequenos poemas de terror para decorar a entrada do cole. Ademais, fabricamos uns monstros con rolos de papel. Quedaron estupendos pendurados no corredor!