Esta semana foi moi, moi movida!
O martes baixamos ao Bibliocastelo para levarlle un agasalliño
de aniversario a Papirus! En realidade, xa fora o sábado 24 de outubro; pero
como as fins de semana non imos á escola, tivemos que agardar a ao martes despois
do recreo. Deixámoslle uns móbiles de cartolina e fío transparente que
construímos en plástica coa profe Rebeca e que representan planetas flotando no
universo bibliocastelar. Tamén, as dúas cartas que lle escribimos, preocupados
pola súa ausencia.
Cando chegamos alí, quedamos abraiados! Papirus enviáranos unha
mensaxe desde o espazo!
UNIVERSO DE LIBROS!
Ademais, Lina leunos un conto precioso sobre as fases da Lúa titulado Papá, achégasme a Lúa?
Xa sabedes, este ano toca mergullarse na inmensidade azul do firmamento!