
O tempo de Entroido,
do espazo chegou.
Montamos na Pedra
festa e diversión.
Con bolsas de cores
creamos os traxes,
tamén, as cancións.

Enchemos as rúas
de ciencia e ficción
princesas, jedis
da peli Star Wars.
Cantamos as coplas
na Praza Massó
ao ritmo do son.

De volta na escola,
tras tanta emoción,
comemos filloas...
Menudo festón!!