E por fin chegou o día, despois de moito esperar saímos do colexio ás 10 da mañá con rumbo a Cerceda. A viaxe fíxosenos un pouco longa ante a impaciencia por darnos un chapuzón , pero todos nos portamos de luxo sen armar moito barullo no autobús . A temperatura era xenial, nonchovía despois de varios días de mal tempo, e o sol brillaba con intensidade. Cando chegamos xa había varios colexios esperando para entrar e ainda que pensamos que iamos tardar moito, pasamos axiña. Xa non podiamos esperar máis, quitamos a roupa e a partir de aquí todo foi un subir e baixar, entrar e sair, correr e rir, un non parar ata a hora de marchar e ahí tedes o resultado dun día FANTÁSTICO.


