martes, marzo 11, 2014

UNHA VISITA DE CÓMIC

    O venres 7 tivemos o privilexio de recibir no cole a Marc Taeger e Luis Davila. Viñeron informarnos dun concurso de cómic que estaba poñendo en marcha a ANPA do centro e darnos unhas breves referencias sobre a 8º arte. Explicáronnos como basearnos nun personaxe para poder crear o noso propio pero sin plaxiar, senon como apoio. A verdade é que foi moi interesante, por iso, podedes ver a súa explicación directamente. 
Grazas Marc e Luis!!!


            

lunes, marzo 03, 2014

ENTROIDAZO!!!!

    O venres 28 estivemos todos atentos ao tempo, daban choiva pero a sorte estivo do noso lado e puidemos facer o pasarrúas. Pancartas en man cun lema máis que axeitado despois de varios meses de auga "SE CHOVE, QUE CHOVA!" e unha canción coa que non iamos parar de bailar "Simpsons, Malfalda e Lucky Luke, veñen á festa para cantar, bailar ata non poder máis...! Como xa escoitarades, a canción levaba a música de Gustavo Lima "Balada Boa" Que vos pareceron os disfraces? Nós pasámolo en grande! Fan falta probas? Pois, aquí están...

                          

lunes, febrero 24, 2014

O PEQUENO MAGO

Hai pouco tivemos no noso centro a visita dun escritor convertido en director de cine de animación: Roque Cameselle. Presentounos unha película chamada "O Pequeno Mago" na que un rapaz, Bieito Dubidoso, demostrará uns poderes inimaxinables fronte a piratas normandos que atacan a súa aldea... O bispo Juan iniciará unha vinganza contra Bieito... Que pasará? Bueno, isto é un adianto para que vos animedes a vela! 
Roque Cameselle, con un camión anuncio, en San Sebastián. // R. C. / E.G.
Roque Cameselle estívonos falando de como converter un libro en película. Mostrounos como elexiu os personaxes, transformar unha historia en guión cinematográfico e a animación por ordenador para crear movemento. Menudo traballazo!

  Mentres, deixámosvos o tráiler da película.

          


 Por certo, se non vos apetece achegarvos ao cine, podedes ler o libro no que se basea a historia "O Mago Dubidoso" de Roque Cameselle.

martes, febrero 11, 2014

EDUCANDO EN IGUALDADE

Aqui tedes o enlace para facer a enquisa que se preparou para as nenas e nenos do terceiro ciclo co tema da igualdade con motivo da celebración do 8 de Marzo "Día da Muller Traballadora"
https://docs.google.com/forms/d/1SVeiei48c8IpLgRNz_NAowD6CHF7ZsYHTmWxdg7IYFc/edit#

jueves, enero 30, 2014

A PAZ

    Como cada ano, celebramos o día 30 de xaneiro o día da paz e da non violencia. Este ano escolléronse dúas cancións: 
Campás pola paz e Mandela's day.
Atopamos unha versión en linguaxe de signos da canción galega...Esperamos que vos guste!!!



 


                 

     Ademais de aprender as cancións, cada clase escolleu unha cita de Mandela que lle chamara a atención e decorouna, despois lémola no patio diante de todos.

          








viernes, enero 24, 2014

VISITA DO CARBALLAL

     Continuando co vea artística, recibimos a visita do CEIP Carballal de Marín que ofreceu un concerto a todos os rapaces e rapazas do cole de A Pedra. Estivemos moi atentos porque a profe Marta estaba no escenario cantando! Que ben o pasamos!
Antes do concerto, os compañeiros de 2º ciclo recibiron a visita dos rapaces do 2º ciclo do Carballal cos que fixeron un apadriñamento lector e compartiron merenda.

Xa no centro social do mar, comezamos o concerto cunha pequena presentación...


 
...continuamos coa canción de Tambo ...




e rematamos coa canción de Papirus!!!!!

lunes, enero 06, 2014

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

     Cada ano que pasa as postais que decoran os corredores do colexio son cada vez máis bonitas. Por iso, hai que agradecerlles ás nosas familias o moito que traballaron connosco realizando as postais. Quedaron xeniais!!
Velaquí as megapostais de 6º curso!!!