sábado, mayo 17, 2014

O CORRELINGUA

  Anticipando o día das Letras Galegas celebrouse o correlingua en Bueu. Xuntámonos un montón de rapaces e rapazas de todo o Morrazo para celebrar por todo o alto a festa da lingua. 





   Para ir ben guapos, creamos uns broches en forma de bocadiños de cómic lucíndoos xunto cunha camiseta que resaltaba unha palabra galega. Ademais, cantamos e bailamos ao son de Pablo Díaz pero tamén dunhas novas promesas da canción: estudantes do IES As Barxas de Moaña que nos deleitaron cunha canción sobre a lingua. Non podemos olvidar tampouco o manifesto dos estudantes do IES Johan Carballeira. Xenial!

        

viernes, mayo 16, 2014

COREOGRAFÍA DE FIN DE CURSO


Aquí vos deixamos unha copia da coreografía que bailaremos este ano nos actos de fin de curso.
Queredes vela?
Gozade dela e animádevos a bailar.








lunes, abril 28, 2014

DE PASEO POR PONTEVEDRA

   A semana pasada fomos de visita a Pontevedra e realizamos dúas actividades. A primeira levounos ao Conservatorio onde asistimos á representación dun teatro de monicreques amenizado con música. Era unha historia de amor que parecía imposible: os sentimentos dun monicreque de luva cun de mesa. Finalmente, todo remata e os dous poden vivir felizmente tras superar a envexa do brigadier, personaxe que trata de namorar a María, e o seu propio pai.

             

     Logo, estivemos merendando ao abrigo porque empezou a chover. Como rematamos pronto decidimos esperar a chegada dos trens!! Parecía unha festa!!



Museo de PontevedraÁs 12h10 marchamos rumbo o Museo de Pontevedra para visitar a parte de Prehistoria e Idade Antiga. Que emocionante! Encantounos ver os petroglifos e divagar sobre o que podían representar. Tamén nos impactou a forma de enterrar os defuntos na época antiga e a tradición de soterralos con obxectos seus e o coquetos que eran. Menudas xoias!

        
                              Tesouro Caldas                       Museo de Pontevedra.
                                                       
                                                                           Tesouro dos Foxados
                                                                         Museo de Pontevedra

miércoles, abril 23, 2014

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

  Hoxe día 23 de abril celébrase o día mundial do libro e dos dereitos de autor. Dende Bibliotecas Escolares, recibimos un pequeno agasallo de Paco Martín co seu texto "O libro".
Esperamos que vos guste!!! Por certo, Paco Martín é o autor do personaxe Ramón Lamote...


martes, marzo 11, 2014

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

   Co lema "A igualdade no traballo" celebrouse o concurso de viñetas relacionado co 8 de marzo, día da muller traballadora. Dende o Concello de Bueu, esta iniciativa, que xa leva anos en marcha, dirixiuse ao 3º ciclo de Primaria dos centros pertencentes á bisbarra de Bueu. Moitos foron os traballos entregados pero só tres os gañadores... En 6º gozamos de 3 mencións especiais cos traballos de María Brocos, Icía Escribano e Ema Lascu. Ás 12h puidemos ver a representación dun manifesto por parte do CEIP Montemogos de Beluso onde daban as grazas as distintas mulleres traballadoras: nai, tía, avoa, bisavoa, mestra...Foi un momento emotivo que iniciou o acto de entrega de premios.

María Brocos

Ema Lascu

Icía Escribano



NORABOA RAPAZAS!!!!

UNHA VISITA DE CÓMIC

    O venres 7 tivemos o privilexio de recibir no cole a Marc Taeger e Luis Davila. Viñeron informarnos dun concurso de cómic que estaba poñendo en marcha a ANPA do centro e darnos unhas breves referencias sobre a 8º arte. Explicáronnos como basearnos nun personaxe para poder crear o noso propio pero sin plaxiar, senon como apoio. A verdade é que foi moi interesante, por iso, podedes ver a súa explicación directamente. 
Grazas Marc e Luis!!!


            

lunes, marzo 03, 2014

ENTROIDAZO!!!!

    O venres 28 estivemos todos atentos ao tempo, daban choiva pero a sorte estivo do noso lado e puidemos facer o pasarrúas. Pancartas en man cun lema máis que axeitado despois de varios meses de auga "SE CHOVE, QUE CHOVA!" e unha canción coa que non iamos parar de bailar "Simpsons, Malfalda e Lucky Luke, veñen á festa para cantar, bailar ata non poder máis...! Como xa escoitarades, a canción levaba a música de Gustavo Lima "Balada Boa" Que vos pareceron os disfraces? Nós pasámolo en grande! Fan falta probas? Pois, aquí están...