domingo, noviembre 30, 2014

25 de novembro, Día Internacional daNon Violencia Contra As Mulleres


Un ano máis, como cada 25 de novembro, asistimos ao acto de celebración do Día Internacional da Non Violencia Contra As Mulleres que organiza o CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Bueu.
Son diversas as actividades que desde este organismo se levan a cabo para fomentar a implicación cidadá nun drama que afecta a todos os sectores da sociedade.
Destaca, entre elas, o certame de carteis, no que, tamén como cada ano,participaron os nosos alumnos e alumnas do terceiro ciclo. Neste caso, o obxectivo é espertar  a conciencia dos cativos e cativas e dos mozos e mozas de hoxe, que han ser os homes e as mulleres de mañá.
 
Ademais das intervencións institucionais por parte da directora do CIM, dona Monserrat González; da concelleira de Igualdade, dona Ana Isabel Otero; e do alcalde, don Félix Juncal; o acto estivo presidido pola actuación dun grupo de nenos e nenas do colexio de A Torre, Cela, que levaron a escena unha dramatización na que unha princesa tomaba as rendas da súa liberdade fronte a un controlador “príncipe azul” e  que culminaba cunha declaración de intencións e unha invitación aos nenos e nenas de hoxe a construíren un mundo máis xusto como homes e mulleres de mañá.
 
Rematou a conmemoración coa entrega de galardóns.
 
Na categoría de Ensino Primario os traballos presentados polo noso alumnado destacaron especialmente.
 
          1º PREMIO:
·      Carla Alfaya Portela, de 6º A
 
          Mencións Especiais:
·      .Inés Brión Martínez, de 5º A
 
·      .Teo Calvar Parada, de 6º A
 
·      .Giuseppe González Fernández, de 6º A.
 
 

viernes, noviembre 14, 2014

Outro Magosto pasado por auga

O luns 10 de novembro tivemos unha visita especial: a Asociación Retrouso de Cela. Viñeron animarnos a tocar un instrumento musical tradicional como unha maneira de conservar o noso patrimonio.






          

 Ía ser unha mañá inolvidable porque, porfin, íamos gozar de novo dos xogos populares pero... MENUDO DÍA! Outro ano volver chover... Aínda así, tratamos de pasalo ben e comemos unha morea de castañas no patio. 








Xa chegou o Samaín

Como cada ano, os rapaces e rapazas de A Pedra celebramos a chegada do Samaín escribindo pequenos poemas de terror para decorar a entrada do cole. Ademais, fabricamos uns monstros con rolos de papel. Quedaron estupendos pendurados no corredor!


lunes, octubre 27, 2014

O ANIVERSARIO DE PAPIRUS

   Como xa sabemos todos, o aniversario de Papirus é o 24 de outubro, día das bibliotecas escolares. Como se trata dun polbo moi viaxeiro, este ano non puido estar connosco pero contounos que quedou marabillado coas cidades polas que pasou e os seus museos. Por iso, pediunos que este curso demostraramos que somos uns verdadeiros artistas. Para motivarnos, invitou á profe Olalla para que nos contara un conto "O cadro máis bonito do mundo". Pasámolo moi ben! Aquí vos deixamos a sesión de contacontos.






       

domingo, octubre 26, 2014

DESCUBRE A NOSA REALIDADE!


O pasado venres, 24 de outubro, tivemos oportunidade de participar nunha actividade interesantísima. Baixamos á praza do Concello para ver unha exposición de fotos organizada pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR).
 
 
 
Tratábase dunha exposición moi peculiar. Caracterizábase pola combinación de varios elementos:

·      A SÚA FORMA E O SEU TAMAÑO. As fotos estaban dispostas nas caras de varios cubos xeométricos de gran tamaño colocados estratexicamente diante do Concello.

·      AS SÚAS PROTAGONISTAS. Todas elas presentaban diferentes situacións da vida diaria de mulleres con discapacidade ou con mobilidade reducida.

·      OS VERSOS. En cada un dos cubos, a poesía uníase ás imaxes pechando cada idea e invitando á reflexión, espertando conciencias.

·      O DINAMISMO. Contamos cunha guía de excepción que nos axudou a observar e “DESCUBRIR A NOSA REALIDADE” dunha forma activa e divertida, pero ao mesmo tempo, reflexiva. Ademais, soubemos que se trataba da psicóloga Hadriana Ordóñez Otero, autora dos versos que formaban parte da exposición (os autores das fotos son  Anxo Resúa Calo e Martín Pérez Fernández).
 
 
Foi unha actividade para medrar por dentro, para converternos en cidadáns e cidadás implicadas, para abrirmos os ollos a unha realidade invisible, o dobre desafío de ser muller e vivir cunha discapacidade física, superando barreiras ás que moitas veces hai que engadir contextos de violencia e maltrato físico e psicolóxico.

Noraboa ao Concello de Bueu e á Asociación de Mulleres  con Discapacidade de Galicia , ACADAR,  por esta iniciativa.

domingo, septiembre 14, 2014

A BANDA DE MÚSICA VISITA O CENTRO

    Cando estaba a piques de rematar o recreo, apareceu a BANDA DE MÚSICA DE BUEU!!! Viñeron animarnos a aprender un pouco máis de música e a probar algún instrumento. O director da banda fixo un repaso polos distintos instrumentos e despois, tocaron unhas pezas: a banda sonora da Pantera Rosa, La Gallina Turuleca, Había una vez ...

              

              

              

             

  Ademais, as profes volveron ver alumnos que xa se despediran delas en cursos anteriores. Que bonito velos de novo tan maiores!

martes, septiembre 09, 2014