O martes 12 de maio, para conmemorar a festa da lingua galega, saímos por Bueu. Xuntámonos na rúa rapaces e rapazas dos distintos coles do Morrazo. Despois, asistimos a un concerto de Brinca Vai!! Tivemos a ocasión de lucir as nosas camisetas e de reencontrarnos con antigos compañeiros e profes; así, logo de brincar unhas horas, volvemos ao cole. Menuda festa da lingua!
viernes, mayo 15, 2015
jueves, mayo 14, 2015
THE LITTLE MERMAID
O luns 11 de abril baixamos ao Centro Social do Mar para ver a representación da sereiña en inglés: The Little Mermaid. A historia conta como unha serea se namora dun rapaz e trata de salvalo das gadoupas dunha perversa. Este espectáculo necesitou de actores e actrices, polo tanto, fíxose un casting para representar os diversos personaxes. Velaquí unha pequena mostra! ![]() |
| |
| Create a free photo slideshow |
miércoles, mayo 13, 2015
TALLER DE ANIMACIÓN Á LECTURA
O mércores tivemos o privilexio de acudir a unha actividades de animación á lectura na biblioteca. Cun personaxe nas costas e sen poder velo, ían facendo preguntas para poder averiguar o personaxe misterioso. Don Quixote, Brancaneves, o Parruliño feo foron algúns dos utilizados para amenizar o xogo.
Aquí podedes ver un par de fotos!
domingo, mayo 03, 2015
Apadriñamentos lectores entre 6º e 3º
Os mozos e mozas de 6º tivemos que agardar uns diíñas despois do 23 de abril, porque o noso amigo Lourenzo, o sol, se resistía a saír.
Apadriñamos aos rapaces e rapazas de 3º, con quen xa compartiramos esta experiencia en anos anteriores. Hai que ver que maiores nos fixemos!
Buscamos para ocasión, aqueles libros que pensamos que máis lles podían gustar e compartimmos con eles un anquiño moi especial.
Finalmente, a espera pagou a pena!
jueves, abril 23, 2015
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO E DOS APADRIÑAMENTOS LECTORES
Para conmemorar o día do libro, o día 23 de abril, despois do recreo, os rapaces e rapazas de 5º A apadriñamos aos de 2ºA. Sentados na herba, ao sol ou á sombra, lemos e falamos con eles sobre a lectura, os seus intereses, a súa familia, os amigos para así convertirnos en auténticos padriños e madriñas. Ao rematar, fixemos unha gran foto de familia. Neste vídeo, podedes ver o resultado!
miércoles, marzo 25, 2015
ODAIKO PERCUSSION GROUP
O mércores 18 de marzo fomos de excursión a Pontevedra. A verdade sabiamos que era unha actividade de música pero quedamos soprendidos co grupo Odaiko. Ensináronnos que o primeiro instrumento musical foi o noso corpo e que podemos facer música con case calquera material. Se queredes saber algo máis destes rapaces, visitade a súa web:
http://odaiko.es/
![]() |
domingo, marzo 08, 2015
8 de marzo, Día Internacional da Muller, Día da Igualdade
8 de marzo, Día Internacional da Muller, Día da Igualdade
O pasado venres, 6 de marzo, foi un día realmente especial para
nós. O CIM do Concello de Bueu celebraba a entrega de Premios do IX concurso de
viñeta e ilustración baixo o lema “A Igualdade no traballo” que organiza cada
ano con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER .
A nosa escola xogou un papel relevante nesta gala:
Por unha banda, Gabriel Oliveira Carballo , de 6º A, gañou o
primeiro premio e Inés Brión Martínez, de 5º A, e Inés Hermo Sanmartín, de 6º B, cadansúa mención especial.
Ademais, correspondíanos a tarefa de levar a cabo a declaración
institucional, para o que, as alumnas e
os alumnos de 6º prepararan unha actuación dividida en tres partes:
Lara e Xoel deron comezo á nosa intervención compartindo con nós
a historia da avoa de Xoel, que foi redeira durante a súa mocidade.
Seguidamente, os mozos e as mozas de 6º subiron ao escenario para recitaren un fragmento
do poema de Elvira Riveiro titulado “As redes de Inés”, dedicado a todas as
mulleres que, como a avoa de Xoel, foron atadeiras.
Para rematar, Sabela e Jairo explicaron o proceso completo de
composición e gravación da “Canción pola
igualdade” (as alumnas e os alumnos de 6º compuxeron a letra partindo
dunha melodía popular).
Finalmente, proxectamos o vídeo coa gravación. O resultado
foi extraordinario!
O sábado, día sete, saímos na portada do Faro de Vigo, en cuxo interior nos dedicaban unha fermosísima crónica a páxina completa!, pola cal queremos darlles as nosas máis sinceras grazas.
Etiquetas:
Conmemoración,
Día Internacional da Muller
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







