sábado, abril 08, 2017

XA SOMOS MESTRAS E MESTRES COMPOSTEIRIÑOS!




Vaites, que experiencia tan positiva!

Nós, que presumimos de que nas clases seleccionamos o lixo, como bos ecoloxistas de pro; que tomamos conciencia da importancia de non maltratar máis este pobre planeta ensuciando a súa atmosfera, as súas praias e bosques nin malgastando a súa auga e recursos naturais; hoxe tivemos a fortuna de recibir unha clase práctica sobre o proceso de produción do compost, de man de Agustín Vidal, MESTRE COMPOSTEIRO que coordina o programa posto en funcionamento NOS CONCELLOS DO MORRAZO pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA e grazas ao cal nas vilas podemos darlles aos residuos orgánicos que xeneramos, un tratamento respectuoso co medio ambiente e produtivo desde o punto de vista económico e social. CANDO TRABALLAMOS EN EQUIPO BENEFICIÁMONOS TODOS!
 Baixamos desde a escola ata o composteiro situado nos xardíns Urbano Lugrís e alí, Agustín nos explicou as diferentes fases en que se desenvolve; así como os coidados que require este labor.



 










 Divertímonos peneirando o compost resultante para conseguir un máis fino destinado, por exemplo, á xardineiría.


FOI UNHA ACTIVIDADE INTERESANTE, EDUCATIVA, DINÁMICA E DIVERTIDA!





















Ao rematar, regaláronnos unha bolsiña de papel con compost para levar para casa e un diploma de MESTRA  ou MESTRE ou  COMPOSTERIÑO.


 APRENDEMOS UN MONTÓN E PASÁMOLO XENIAL!!!


lunes, marzo 06, 2017

DIETA SAUDABLE, CONSUMO RESPONSABLE

Os alumnos e alumnas de quinto de primaria realizaron diferentes actividades para recordar os hábitos alimenticios que son bos e saudables para vida cotiá.
Tamén , coa visita ao supermercado, aprenderon moitos aspectos referentes ao consumo, á compra, á localización de produtos, a identificación do etiquetado,etc..
E ao final da visita e das actividades, disfrutaron dunha degustación  saudable e un pequeno agasallo.







sábado, marzo 04, 2017

ENTROIDO TEI

Facendo honor ao PROGRAMA TEI o alumnado de 5º e o de 3º  decidiu unirse para celebrar o entroido.
Como este curso O CINE é o centro de interese que traballamos no centro, escolleron a película de HARRY POTTER. 
Así os nenos e nenas de terceiro de primaria transformáronse neste personaxe, mirade que guapos e guapas estaban!!!





Os rapaces e rapazas de quinto vestíronse de DUMBLEDORE e MINERVA personaxes que fan de mestres e protectores do neno mago.




Percorreron as rúas de Bueu xuntos, baixo a pancarta: "A maxia do cine, únenos" fortalecendo o seu vínculo de amizade.






Na Praza do Concello entonaron ao unísono a CANTIGA creada para a ocasión.



Aquí vos deixamos un video resumo dese gran día:

miércoles, marzo 01, 2017

MOITA SORTE, ANDREA! QUERÉMOSTE!



O venres de Entroido, en 6º vivímolo de forma diferente aos demais. Despediámonos cunha aperta moi especial de ANDREA, compañeira de 6º A que a partir do mes de marzo se traslada de residencia e de colexio. 

Este foi o poema que compuxemos para ela:

                   Nesta nova Andaina que vas comezar,
       experiencias e aveNturas vivirás
              con amizaDes que te acompañarán
           cara ao futuRo que te está a agardar
                   cos brazos bEn abertos te recibirá
               para que as túAs metas poidas acadar.











Moita sorte no teu novo colexio e nesta nova ruta que agora emprendes!
Querémoste, Andrea!

domingo, febrero 26, 2017

UN ENTROIDO DE CINE






Un Entroido de PELÍCULA
E para un  curso de CINE, non podíamos pedir menos que vivir un ENTROIDO DE PELÍCULA!
Despois de moito traballar, o venres pasado saímos da escola dispost@s a encher as rúas da nosa vila da maxia do cine. Nun desfile, como cada ano,  cheo de ledicia, de música e de cor.
Pero nesta ocasión, dábase unha situación excepcionais:
·        O alumnado de 3º e 5º, unidos polo TEI, programa de Titoría Entre Iguais, concorrían xuntos como personaxes da serie de películas de HARRY POTTER.
 


Os mozos e mozas de 6º, disfrazados de CAZAFANTASMAS e FNATASMAS, desfilaron e cantaron cos PIRATAS DO CARIBE de 4º.
 

 


Entre todos  conseguiron o como dicía o retrouso da súa canción:
 

 

     “Queremos que este Entroido sexa de cine,
con larpeiradas, chulas, filloas,
ENTROIDO tolo con final feliz!”

lunes, febrero 06, 2017

DÍA DA PAZ


A semana pasada, conmemoramos o día da Paz.
Todos os nenos e nenas do colexio unidos, con diferentes cantos, diferentes cores, diferentes heroes..., pero cun mismo corazón, cun mesmo desexo: a Paz.



Nela, os alumnos de quinto tiveron unha participación especial, pois recibiron o nomeamento de titores TEI, programa no que dun xeito moi especial, van a poñer o seu gran de area para favorecer a convivencia na escola.



Os alumnos de sexto, amosaron tamén o desexo de seguir "escribindo" o seu día a día a favor da paz, acompañando este acto coa canción en francés "On écrit sur les murs".


Deixámosvos o enlace para que vexades a nosa celebración:








jueves, febrero 02, 2017

ENTREGA DIPLOMAS TEI

O 30 de xaneiro os rapaces e rapazas de 5º de primaria recibiron o seu DIPLOMA DE NOMEAMENTO como titores/as nun acto ao que asistiu todo o alumnado e profesorado de Primaria. 


Os titorandos de 3º levaban globos de cores cando nos reunimos todos no patio da escola.


Tamén contamos coa presenza do Alcalde de Bueu, Félix Juncal,  da Concelleira de Educación, Teresa López e da asesora do CEFORE, Anabel Lareo, que foron is encargados de facer entrega dos DIPLOMAS aos nenos/as de quinto.



Como remate final Titores e titorandos xuntos, soltaron os globos como símbolo de amizade e compromiso de mellora da convivencia.



Foi un acto moi emotivo e entrañable que puxo en marcha a labor dos protagonistas deste programa, o alumnado de 5º e o de 3º . Estamos convencidos de que con esforzo e implicación van acadar  un gran éxito.