Para conmemorar o día do libro, o día 23 de abril, despois do recreo, os rapaces e rapazas de 5º A apadriñamos aos de 2ºA. Sentados na herba, ao sol ou á sombra, lemos e falamos con eles sobre a lectura, os seus intereses, a súa familia, os amigos para así convertirnos en auténticos padriños e madriñas. Ao rematar, fixemos unha gran foto de familia. Neste vídeo, podedes ver o resultado!
jueves, abril 23, 2015
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO E DOS APADRIÑAMENTOS LECTORES
Para conmemorar o día do libro, o día 23 de abril, despois do recreo, os rapaces e rapazas de 5º A apadriñamos aos de 2ºA. Sentados na herba, ao sol ou á sombra, lemos e falamos con eles sobre a lectura, os seus intereses, a súa familia, os amigos para así convertirnos en auténticos padriños e madriñas. Ao rematar, fixemos unha gran foto de familia. Neste vídeo, podedes ver o resultado!
miércoles, marzo 25, 2015
ODAIKO PERCUSSION GROUP
O mércores 18 de marzo fomos de excursión a Pontevedra. A verdade sabiamos que era unha actividade de música pero quedamos soprendidos co grupo Odaiko. Ensináronnos que o primeiro instrumento musical foi o noso corpo e que podemos facer música con case calquera material. Se queredes saber algo máis destes rapaces, visitade a súa web:
http://odaiko.es/
![]() |
domingo, marzo 08, 2015
8 de marzo, Día Internacional da Muller, Día da Igualdade
8 de marzo, Día Internacional da Muller, Día da Igualdade
O pasado venres, 6 de marzo, foi un día realmente especial para
nós. O CIM do Concello de Bueu celebraba a entrega de Premios do IX concurso de
viñeta e ilustración baixo o lema “A Igualdade no traballo” que organiza cada
ano con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER .
A nosa escola xogou un papel relevante nesta gala:
Por unha banda, Gabriel Oliveira Carballo , de 6º A, gañou o
primeiro premio e Inés Brión Martínez, de 5º A, e Inés Hermo Sanmartín, de 6º B, cadansúa mención especial.
Ademais, correspondíanos a tarefa de levar a cabo a declaración
institucional, para o que, as alumnas e
os alumnos de 6º prepararan unha actuación dividida en tres partes:
Lara e Xoel deron comezo á nosa intervención compartindo con nós
a historia da avoa de Xoel, que foi redeira durante a súa mocidade.
Seguidamente, os mozos e as mozas de 6º subiron ao escenario para recitaren un fragmento
do poema de Elvira Riveiro titulado “As redes de Inés”, dedicado a todas as
mulleres que, como a avoa de Xoel, foron atadeiras.
Para rematar, Sabela e Jairo explicaron o proceso completo de
composición e gravación da “Canción pola
igualdade” (as alumnas e os alumnos de 6º compuxeron a letra partindo
dunha melodía popular).
Finalmente, proxectamos o vídeo coa gravación. O resultado
foi extraordinario!
O sábado, día sete, saímos na portada do Faro de Vigo, en cuxo interior nos dedicaban unha fermosísima crónica a páxina completa!, pola cal queremos darlles as nosas máis sinceras grazas.
Etiquetas:
Conmemoración,
Día Internacional da Muller
jueves, febrero 26, 2015
A ESCRITORA ANA ALONSO VISITA O NOSO BIBLIOCASTELO!
Esta mañá recibimos unha visita moi especial, a escritora Ana
Alonso.
Trátase dunha historia de misterio e aventuras que transcorre
durante unhas vacacións de verán nunha vila costeira do Cantábrico. O escenario
principal é un hoteliño familiar instalado nunha casa de indianos de principios
do século XX.
En sinal de gratitude, entregámoslle algúns dos traballos que inspirou o seu libro: narracións ambientadas en cadros famosos como “A noite estrelada”, de Vang Gogh; “O estanque dos nenúfares”, de Monet ou “Paseo á beira do mar”, de Sorolla.
Antes de partir, asinounos o libro.
Nesta ocasión, veu para falarnos de Un hotel en la bahía, unha novela xuvenil que forma parte da
colección Pizca de sal da Editorial
Anaya e que garda relación directa co tema central do proxecto de biblioteca
deste curso: A ARTE.
Trátase dunha historia de misterio e aventuras que transcorre
durante unhas vacacións de verán nunha vila costeira do Cantábrico. O escenario
principal é un hoteliño familiar instalado nunha casa de indianos de principios
do século XX.
O protagonista, Jorge, un rapaz de doce anos que acaba de
fracturarse un pé, está convencido de que vai pasar as peores vacacións da súa
vida. Pero todo cambia cando coñece a Blanca, a neta da dona do hotel. A moza revélalle
un secreto: está convencida de que no hotel se agocha un cadro que contén a
clave para descubrir un valioso tesouro artístico e pídelle que a axude a atopalo.
Ana contounos que a idea para o argumento desta novela se lle ocorreu
porque o seu fillo sufriu unha fractura no fémur a comezos dun verán e iso obrigounos
a cambiaren os plans para aquelas vacacións.
Explicounos que ademais de ser unha grande amante da lectura,
tamén lle gustan moito a Historia e a Arte., razóns polas cales lle resultou especialmente
agradable inventar esta novela.
Así mesmo, invitounos a reflexionar sobre a evolución do comportamento
dos personaxes, sobre a importancia de “ter a mente aberta e non deixarse levar
polos prexuízos”.
Animounos a seguir lendo porque “a lectura é unha forma de
asomarse ao mundo” e desvelounos que un pai amante da lectura, unha casa chea
de libros e o gusto por viaxar sementaron nela o desexo de ler e a necesidade
de escribir. Desde ben cedo, compoñía poemas e inventaba historias que cos anos
, foi gardando como un tesouro persoal.
Aos dez anos, fixo a súa primeira “publicación” na revista
escolar que de maneira artesanal editaban no seu colexio.
Aos dezanove, sendo estudante de Bioloxía, presentouse a un
concurso de poesía que gañou e cuxo premio supuxo a primeira publicación oficial
dunha obra súa. Tras este, habían chegar moitos máis.
Nós contámoslle que lemos o seu libro entre todos, na clase, e
que ademais de proporcionarnos momentos de diversión e intriga, tamén nos dou
pé para falar e investigar sobre temas tan interesantes como A Guerra Civil
Española; así como para descubrir a grandes artistas de todos os tempos coma
Monet (casualmente, un dos seus pintores preferidos) ou obras tan peculiares
coma os ovos de Fabergé.
Nós contámoslle que lemos o seu libro entre todos, na clase, e
que ademais de proporcionarnos momentos de diversión e intriga, tamén nos dou
pé para falar e investigar sobre temas tan interesantes como A Guerra Civil
Española; así como para descubrir a grandes artistas de todos os tempos coma
Monet (casualmente, un dos seus pintores preferidos) ou obras tan peculiares
coma os ovos de Fabergé.En sinal de gratitude, entregámoslle algúns dos traballos que inspirou o seu libro: narracións ambientadas en cadros famosos como “A noite estrelada”, de Vang Gogh; “O estanque dos nenúfares”, de Monet ou “Paseo á beira do mar”, de Sorolla.
Antes de partir, asinounos o libro.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
VISITAS
viernes, febrero 13, 2015
ENTROIDO CON ARTE NA PEDRA
O venres 13 gozamos todos dun Entroido inesquecible, non só polo ben que o pasamos senón polo mal tempo que nos impediu saír. Este curso, como xa saberedes todos, dedicámonos á arte e cada clase foi elexindo un disfraz que tivese que ver co tema. Os de 5º pensamos nun gran compositor: Wolfang Amadeus Mozart. Despois do recreo iniciamos os preparativos para vestirnos, os disfraces de Mozart tiñan máis traballo do que parecían. Quedaron chulísimos!
No ximnasio, cantamos e bailamos ao son das nosas cancións e atendendo ás dos demais compañeiros. Ao rematar, decidimos xuntarnos nunha aula e comer todos xuntos filloas, chulas e orellas. Queredes velo... Dádelle ao PLAY!
![]() |
martes, febrero 03, 2015
CHARLAMOS CON RAMÓN
Hoxe tivemos a sorte de contar de novo con Ramón que nos trouxo un video sobre estereotipos de xénero. Nel, un neno desexa bailar e atópase na clase de ballet con todas as nenas que se estrañan e se mofan. No festival de fin de curso, Fabio, o protagonista, interpreta unha coreografía e arrinca os aplausos do público.
Por outro lado, aparece unha rapaza amante do fútbol entre un equipo composto por nenos. Como vai cumprir doce anos, o adestrador dille que non poderá xogar o curso que ven porque non pode compartir vestiario cos rapaces. Os seus compañeiros deciden recoller sinaturas para apoiala e que se abra outro vestiario.
O vídeo remata mostrando aos dous protagonistas de adultos, que resultan ser irmáns, charlando cos seus pais e manifestando o triste que é non poder dicirlle a alguén o que che gusta facer, que nada non pode condicionar. Agora, eles marcan a diferenza, Fabio como profesor de ballet e Xenia como adestradora...
Tralo vídeo estivemos debatindo un pouco acerca da igualdade, dos papeis que se lle atribúen a homes e mulleres, da popularidade de determinados deportistas masculinos en detrimento das mulleres. Foi moi interesante!!!
viernes, enero 30, 2015
O DÍA DA PAZ
O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e da Non Violencia. Tivo lugar despois do recreo e no ximnasio dado que a choiva non nos deixou tranquilos. Por turnos fomos lendo os nosos manifestos e... ¡Que bonitos! En 5º A representounos Breixo e en 5ºB foron Antía e Paula que dedicaron o manifesto ao seu compañeiro Erik.
Aquí podedes escoitar o que lemos e despois o ben que cantamos!
Aquí podedes escoitar o que lemos e despois o ben que cantamos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







