
A semana pasada, o día 8 de marzo, foi o día da Muller Traballadora e dende o cole fixemos un montón de actividades.
- Participamos no concurso anual de viñetas do CIM de Bueu. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º tivemos que diseñar unha viñeta ilustrativa referente ao lema "A igualdade no traballo". Unha das nosas compañeiras, Isaura Framil, conseguiu unha mención especial. Noraboa a ela e a todos os que participamos!!!
- O 24 de marzo foi o día de Rosalía de Castro e estivemos lendo e comentando algúns dos seus poemas e investigamos un pouquiño sobre ela.
- Ademais, propuxéronnos facer un mural sobre mulleres importantes ao longo de toda a historia para expoñelos despois no cole. Os traballos quedaron estupendos! Cada un de nós escolleu unha muller que nos pareceu relevante nun ámbito de traballo e investigamos sobre ela. Apareceron nomes como Cleopatra, Margaret Thatcher, Clara Campoamor, Marie Curie, Victoria Kent ou a Madre Teresa de Calcuta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario