Hai apenas uns día, os rapaces e rapazas de 5º e 6º voltamos da nosa excursión de fin de curso. Estivemos 4 días por Barcelona.

O 1º día visitamos os arredores da Sagrada Familia, canta xente! non puidemos entrar porque había moita cola pero, a nosa guía, explicounos brevemente o significado das fachadas.
Despois, fomos ata o Parque Güell. Que bonito! A Gaudía encantábanlle as liñas onduladas! Que pena que na época ninguén quixo comprar unha casa aquí. Parecen casas de contos infantís.
Dirixíndonos cara o restaurante, pasamos diante doutros edificios de Gaudí merecentes de ser vistos: A casa Batlló e a Pedrera.
Despois de comer, vimos unha película en 3D no cine IMAX. Que medo! Podiamos tocar os dinosaurios coas mans!!!! Ao rematar, dirixímonos cara o hotel, en Salou, e puxémonos a remollo.
O 2º día non tivo nada que envexar ao primeiro por que fomos a PORT AVENTURA. Recorremos todo o parque en busca de emocionantes atraccións. Os profes tamén se animaron (aínda que as fotos non o demostren). A media mañá, vimos un espectáculo hawaiano no que algúns de nós nos atrevemos a bailar. Cansadiños, voltamos para o hotel a iso das 8 da tarde tras mercar un par de detalles para as familias. Que ben!
O 3º día foi sen dúbida o noso favorito. Volvemos a Port Aventura pero neste caso á parte acuática. Subimos, baixamos, volvemos subir e volvemos baixar ata cansar. Pola noite, despois de cear, estivemos practicando coreografías. Estamos feitos uns bailaríns de categoría!!! As probas... neste vídeo.
O último día, xa coas maletas feitas, visitamos o zoo de Barcelona. Ao rematar, despedímonos de Barcelona e voltamos para casa. A medianoite, estaban as nosas familias esperándonos e ese fin de semana durmimos, durmimos, durmimos, durmimos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario