![]() |
Imaxe sacada de http://davidov3.blogia.com/ |
O mes pasado naceu unha nova revista mensual "Ollos de aula". Nela todas as familias poderedes ver noticias e novidades relacionadas coa educación, cos hábitos, cos estudos e tamén coa lingua galega. Esta iniciativa parte dende a coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que ten o obxectivo de fomentar o emprego da lingua galega a través de diversas actividades e creación de recursos. Supón un apoio para todos os centros, tanto públicos como concertados, de dinamizar nos seus centros o idioma. Como vedes xa temos o mes de outubro e de novembro colgados na marxe.
Ja,ja,ja!!!
ResponderEliminarParéceme moi graciosos estes pequenos cómics.
Algúns non os entendo pero os que sí son moi divertidos...