lunes, marzo 25, 2013

ALMORZOS SAUDABLES

  Durantes dúas sesións, martes e venres, os rapaces e rapazas de 5º e 6º tivemos unha actividade chamada "Almorzos saudables". Como indica o seu nome, a parte de almorzar todos xuntos, estivemos atentos ás charlas que nos ofreceron sobre os alimentos: a importancia de almorzar ben e correctamente, incluíndo alimentos de tres tipos (lácteos, froitas, ...) e tamén a periodicidade de consumo de determinados alimentos.

   
     Probamos dous almorzos: o mediterráneo e o inglés. No primeiro, comemos pan con xamón serrano, tomate e aceite, unha mandarina e leite; no segundo, ovos revoltos con xamón cocido, unha pera e leite.  
    Tamén nos quedou clara a importancia de lavar ben os dentes e a lingua!!!

40 comentarios:

  1. ProfeCris3/25/2013

    Ola a todos e todas,

    Xa sabedes que a tarefa para estas vacacións e ata o venres 5 de abril será facer un comentario de aproximadamente 5 liñas sobre a actividade "Almorzos saudables". Coidade a ortografía e a coherencia. Vale? Pasade unhas boas vacacións.

    ResponderEliminar
  2. Sara Soliño Martínez nº 193/26/2013

    Igualmente profe Cris,
    que as túas tamén sexan boas.

    A min gustaronnme as dúas comidas, estavan voísimas, sobre todo os ovos revoltos con xamón cocido, anque o pan tomaca tampouco estava mal, home, se lle quitaran o xamón serrán, estaría voísimo.A min pareceme que foi unha voa idea o dos almorzos xa que aprendimos cousas que non sabíamos sobre os alimentos que tomamos todolos días,e tamén a cepillalos dentes como debe ser.A min gustoume agora espero cos demais tamén.

    Chao,
    Sara s.m.
    26/03/2013

    ResponderEliminar
  3. VICTOR3/26/2013

    Ola,son Víctor de 5ºA.
    A min gustaronme os dous almorzos. No almorzó mediterráneo o bocata non sabia tan mal.No almorzó ingles o ovo revolto estaba de rechupete, tiña un sabor exquisito. Tamen Dolores e a súa compañeira ensinaronos moitas cousas dos almorzos na roda e na pirámide e a limparnos axeitadamente os dentes.

    ResponderEliminar
  4. Ola a todos meus compañeiros e profes:

    Teño que contaros a experiencia dos almorzos saludables, explicarei que o almorzo mediterráneo foi o que máis me gustou, a combinación do xamón co tomate nunca pensei que iba a ser tan saboroso, a froita e o leite gustaronme moito nos dous almorzos. O almorzo inglés cos ovos revoltos sabían ben pero resultoume moi forte de mañá , eu prefiro cousas máis lixeiras. A hixiene bucal é moi importante como explicaron as monitoras Josefa e Dolores.
    Gustariame repetir a experiencia pero a mediodía cunha mariscada é chamalo "Comida Atlántica", a poder ser claro jejejeje :)

    Javi Freire Moldes
    26/03/2013

    ResponderEliminar
  5. Iván Entenza Salomón 5ºB3/26/2013

    Ola:
    O almorzo mediterráneo non me gustou moito. A verdade é que prefiro o almorzo inglés. Gústame máis a variedade de alimentos que ten este almorzo.
    Dolores e Josefa explicáronnos a importancia que teñen tanto o almorzo como a hixiene bucal.
    Pedinlle a miña nai que me faga un almorzo inglés.
    Un saúdo para todos :D XD

    ResponderEliminar
  6. Anónimo3/27/2013

    O almorzo do marte foi o que máis me gustou porque tiña productos que me gustaban.
    O almorzo do venres non me gustou tanto porque os ovos revoltos non me gustaron moito. O leite foi o que máis, e a froita tamén.

    Pablo Santomé 5ºA.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo3/27/2013

    Martes*


    Pablo Santomé

    ResponderEliminar
  8. Ola son Marta de 5ºA:
    A experiencia dos almorzos estivo ben. Ao principio non me gustaba a idea, pero despois pensei que podería ser bo para acostumarnos a comer correspondentemente e a cepillar os dentes axeitadamente.O desayuno inglés gustome máis que o mediterráneo porque aída que o inglés sexa máis completo non me gusta o tomate.
    Un saúdo a todas e todos.
    27/03/13

    ResponderEliminar
  9. Anónimo3/27/2013

    ola chicos

    ResponderEliminar
  10. Anónimo3/27/2013

    OLA A TODOS:
    Miña opinión e positva,aprendín moitas cousas sobre como alimentarnos e como lavar os dentes.Teño que decir que provei alimentos que antes non provara e agora gústame como o xamón serrán e o pan con aceite,por eso prefiro o Mediterranéo que o Inglés.
    Un saúdo a todos de parte de Adrián 5A

    ResponderEliminar
  11. Xabi Pastoriza3/27/2013

    Ola , son Xabi de 5ºA:
    Os almorzos saudabres estiveron ben para aprender o importante que e a alimentación variada .
    A mín gustóume moito o mediterráneo, porque no inglés o ovo con xamón e o pan non me gustaron.
    O que dixeron dos dentes enxínanos que debemos lavalos todos os días .
    Un saúdo a todos os compañeiros e profesores.

    ResponderEliminar
  12. Anónimo3/28/2013

    Ola a todos: A min, gustáronme os dous almorzos, bueno, aínda que algúns alimentos como o tomate non me gustan, os probei igual e ó final gustáronme. As monitoras Josefa e Dolores parecéronme moi simpáticas. Ademáis, aprendín moitas cousas que non sabía, como sobre a hixiene, e tamén aprendín a probar as cousas antes de decir que non me gustan. Un saúdo, Ema

    ResponderEliminar
  13. hola, son jairo de 5ºb, os almorzos estaban ricos os dous o que mais me gustou foi o ingles ainda que o mediterraneo estaba bo, o tomate a min non me gustaba o probei e me gostou,as monitoras josefa e dolores eran moi boas no explicaron a roda e a piramide dos alimentos, como cepillarnos os dententes e a hixiene,
    un saudo jairo :)

    ResponderEliminar
  14. Ola,son Hugo de 5ºA:
    A min gustóume máis o almorzo mediterráneo có almorzo inglés.Porque os alimentos que nos serviron no almorzo mediterráneo gústanme máis que os alimentos que nos serviron no outro almorzo.
    A clase pareceume moi boa,as monitoras explicáronnos a lavar ben os dentes e tamén a pirámide de alimentos.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  15. Ola,son Elena de 5ºB:

    A min gustoume moi os almorzos.O mais rico para min foi o inglés, pero gustaríame mais sen o pan integral porque non me gustaba.Os ovos co xamón estaba moi rico.O almorzo mediterráneo tamén gustoume pero se non tubese o tomate sería moito máis rico para min pero menos saudable.O pan con aceite e xamón estaba delicioso.Aprendimos moito doutros lugares e iso gustoume moito.
    Que teña todo o mundo unhas boas vacacións.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  16. Hola,son Marta de 5ºB:
    A miña opinión sobre os almorzos saudables é que foron unha moi boa idea,así os nenos e nenas saben o que deben comer e o que non,o que lles axuda e o que non....etc.
    Por uotra parte gustariame que nos falaran mais dos sitios dos que proceden, EX:das suas tradicións...etc. Tamen gustariame que tiveran mais días para falarnos maís delas e así poder comer as comidas doutros lugares. E para a próxima gustariame probar a comida Fancesa.
    Un saudo:
    MARTA 5ºB

    ResponderEliminar
  17. A min o que mais me gustou foi o pan con aceite,xamon e tomate,e o almorzo mediterraneo,o almorzo ingles tamen me gustou moito ainda que eu na casa sempre almorzo leite con cacao e galletas.

    ResponderEliminar
  18. Anónimo3/30/2013

    Boas, son un pai e pareceme moi ben esta iniciativa coa que os rapaces aprenden a comer saudable.

    ResponderEliminar
  19. Anónimo3/30/2013

    Ola son Clara de 5ºB
    O almorzo que máis me gustou foi o mediterraneo xa que pra min é o mais saudable. Estaba boisimo! O ingles a medida que o fun probando gustabame mais.Pero para min non hai comparación co mediterraneo. Xa probara moitas veces na casa pan con aceite e estaba boisimo, pero no comedor con xamón serrano ,que me chifla e tomate que me encanta, mellor ainda. Foi espectacular!!!!






























































































































































































































































































































































    ResponderEliminar
  20. Icía♥4/01/2013

    ♥♥Ola a todos!! ♥♥
    Son Icía e pareceume xenial a idea dos almorzos saudables, por unha parte porque aprendimos todos a comer ben a primeira comida do día, e a máis importante. E por outra porque estaban de excelente!!!
    O que máis me gustou foi o do primeiro día: o tomate co pan, aceite e xamón serrán, estaba moi saboroso. O almorzo do venres non estaba mal, pero para min tiña demasiada xema e dábame a sensación de que estaba un pouco crú...
    Abreviando; todo ben. Aínda que xa sabía lavarme ben os dentes aprendéronnos a que tíñamos que almorzar un alimento, aló menos, de cada parte da roda dos alimentos.

    Deséxovos unhas fantásticas vacacións!!
    Unha aperta, de Icía E,C ;) ☺

    ResponderEliminar
  21. maría brocos4/01/2013

    Ola, son María.
    A min paréceme unha iniciativa moi orixinal e divertida para ensinarnos a importancia de alimentarse ben e estar sans, saber o que debemos comer e o que non e en cantas cantidades.Tamén me parece moi importante a explicación sobre como hai que lavar os dentes e a lingua.
    O almorzo que máis me gustou foi o mediterráneo porque, basicamente, é o que almorzo todos os días, aínda que o inglés tamén estaba ben.
    Vémonos no cole!
    María

    ResponderEliminar
  22. Anónimo4/01/2013

    Ola a min gustáronme os almorzos saudables,sobre todo,porque nos ensinaban canto tiñamos que comer de cada cousa,porque nos axudaba,e cousa normais na nosa dieta,coma embutidos etc,que nos poden facer moito dano,facéndonos padecer diabetes,ou obesidade entre outras cousas.Outra cousa que me pareceo importante (coma dixo antes María) foi a forma de cepillarse os dentes e a lingua,porque non cepillaba tan avitualmente a lingua, coma recomendaban elas.Os dous almorzos gustáronme moito,sobre todo os ovos revoltos e o bocadillo ,nos que ambos repitín ración. Deséxovos a todos os que leades este comentario, unhas felices e tranquilas vacacións.Os verei a todos mañá no cole. Un saúdo:Xabier Otero.

    ResponderEliminar
  23. Anónimo4/01/2013

    Ola,a min parecéume ben o dos almorzos saudables
    porque dixéronnos cousas importantes que tiñamos que facer para previr algunhas enfermidades.En xeral todo esta bo,ademáis que o que máis me gustou era estar cos compañeiros.
    Bueno,despídome,adeus.Dani O.

    ResponderEliminar
  24. Simón 5º A4/01/2013

    Ola a todos e todas:
    O almorzo que máis me gustou foi o mediterráneo porque, aínda que tivera tomate (que non é do meu agrado), o xamón con pan e aceite estaba moi bo. Tamén me gustaron a mandarina e o leite.
    En canto ao almorzo inglés, tamén me gustou moito porque o ovo e o xamón cocido son dos meus alimentos favoritos.
    É dicir, os dous almorzos estaban gustosos.
    Ademais, Dolores e Josefa ensináronos a limpar os dentes para ter unha boa hixiene dental.
    Para terminar, debo dicir que me encantaría repetir esta experiencia o ano próximo.
    Saúdos,
    Simón

    ResponderEliminar
  25. Andrea Barros 5ºB4/01/2013

    Ola a todos:
    o almorzo que mais me gustou foi o Ingles. Xa que o que mais me gustou foi os ovos co xamón, pero o que non me gustou foi o pan. Sin embargo, o que non me gustou do Mediterraneo foi o xamón serrano.
    Ademais, Dolores e Josefa esplicaronos moitas cousas sobre os alimentos.
    Un saudo.
    Andrea Barros 5ºB

    ResponderEliminar
  26. Anónimo4/01/2013

    Os almorzos pareceronme ben. O primeiro día (o martes) encantoume o almorzo. A min non me gusta o tomate pero todo xunto gustoume. Mentres o venres gustoume solo o pan integral e as outras cousas non me gutaron

    Natalia 5ºA

    ResponderEliminar
  27. Anónimo4/02/2013

    A min gustoume mmoito os almorzos.Gustoume mais o
    mediterraneo porque estaba moi moi moi rico.Ainda
    que os tomates a verdade moito non me gustan pero grazas polo almorzo.

    Un saludo.
    Ángeles 5ºA

    ResponderEliminar
  28. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  29. andrea 5°B4/02/2013

    O programa dos almorzos saludables pareceume unha boa actividade educativa foi moi divertida e entretenida ,unha boa experiencia ,tamen probamos distintos tipos de alimentos que aportaban ó noso corpo :vitaminas ,minerais, fibra, calcio, proteínas, hidratos de carbono ,graxas ....etc...

    Andrea Fasero Puig 5°B

    ResponderEliminar
  30. Anónimo4/02/2013

    ¡ola son Alex Santos!
    os desayunos saudables pareceronme ben porque así nos alimentamos ben,aprendemos a almorzar ben.
    Tanto o almorzo mediterraneo como o almorzo inglés pareceronme moi saudables.
    Encantaríame ter mais a miudo almorzos na escola.

    ResponderEliminar
  31. Diego Otero 5Bº4/03/2013

    Ola a todos! son Diego a miña experiencia no almorzo inglés foi moi boa, gustoume moito todo pero o que mais me gustou foron os ovos revoltos con xamón . E o que menos me gustou foi o pan integral porque me sabía mal.En cambio no almorzo mediterráneo gustoume moito a mandarina e o que menos me gustou foi o pan con xamón serrán tomate e aceite . O xamón e o aceite con pan sós gústame pero o tomate ..... ¡ NON tanto! .

    un saúdo chao

    ResponderEliminar
  32. Ainhoa4/03/2013

    Este ano decidimos facer dous almorzos un mediterránea e outro inglés.O que menos me gustou foi o mediterráneo por que o aceite e o tomate non me gustan.Pola contra o inglés gustoume máis por que é o que como habitualmente. Pero estiveron os dous almorzos moi ricos adeus un saúdo Ainhoa.

    ResponderEliminar
  33. Ola son Nuria! eu aínda que non fun ao almorzo mediterráneo porque estiven enferma si que asistín ao almorzo inglés.Os ovos revoltos con xamón non os comín xa que son alérxica ao ovo e so comín o leite e a pera, todo estaba moi bo, todo isto foi unha gran idea.

    Un saúdo,Nuria.

    ResponderEliminar
  34. Ola son Yoel! Este ano os nenos e os profes decidimos facer dous almorzos saudables, o primeiro que fixemos chamase mediterráneo .A min ese non me gustou moito o contrario co segundo almorzo que foi inglés, o que máis me gustou do almorzo inglés foi os ovos revoltos con xamón. Antes de comer dúas señoras explicáronos como había que facer para medrar san.

    ResponderEliminar
  35. DAVID RIAL SANTOS4/03/2013

    Ola compañeir@s,son David de 5ºB.
    Ó comezo a idea dos almorzos saudables non me entusiasmaba pero ó final gustoume moito.
    Resultoume difícil escoller entre os dous almorzos pero case que prefiro o mediterráneo.
    O que máis destacaría son as charlas que tivemos , pois aprendín cousas que descoñecía como por exemplo, as funcións que teñen os diferentes alimentos e a cantidade que precisamos diariamente para ter unha alimentación axeitada.
    Un saúdo a tod@s.

    ResponderEliminar
  36. Ola son Lucas, a min pareceume moi boa idea o dos almorzos polas mañás. Todo estaba moi bo, e ademais saudable . O que botei en falta era algo para mollar no leite .un saúdo.

    ResponderEliminar
  37. Mario 5ªB4/03/2013

    Ola son Mario.
    A min os almorzos gustaronme moito máis o íngles ca o meditérraneo.As explicacións foron interesantes e comín cousas que nunca probara coma o tomate.Comenteino na casa e gustounos a
    idea e facemolo algún fin de semana.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  38. Anónimo4/04/2013

    Hola a todos son Cris de 5B.A min o que mais me gustou de almorzos saudables foron os dous aínda que un pouco máis o inglés, estaba riquisimo.E a min non me gustaba o tomate agora gustame moito.O comentei coa miña familia e igual facemolo. Un saúdo

    ResponderEliminar
  39. CARLOS MIRANDA PASTORIZA4/07/2013

    Ola compañeir@s,son Carlos de 5ºB. Gustoume moito a idea dos almorzos saudables,gustaronme os dous almorzos mais o mediterraneo ca o ingles.Dolores e Josefa ensinaronos a hixiene,as proteinas,graxas...etc.Un saúdo.

    ResponderEliminar