Blogue de 5º e 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra de Bueu.
martes, abril 16, 2013
ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS
Levavamos esperando este teatro todo o curso, no Entroido disfrazámonos cos personaxes do conto. Si. Acertastes. O 16 de abril fomos ver Alice in Wonderland no cine Salesianos de Vigo. Pasámolo ben vendo a Alicia, unha rapaza soñadora e valente descubrindo un novo mundo onde fixo amigos pero tamén un gran inimigo: o rei de corazóns. Aínda que na versión orixinal non é con el o problema, tívose que facer unha readaptación debido a que había unha actriz e dous actores.
Despois da obra, tivemos a oportunidade de facerlles preguntas acerca dos personaxes e da escenificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario