Hoxe foi un día
especial no noso Bibliocastelo. Tivemos a fortuna de contar coa presenza de Xabier Docampo.
Esta visita formaba parte do programa de actividades organizadas co gallo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de abril).
Os mozos e mozas de
6º recibiron o autor lucense despois de leren O MISTERIO DAS BADALADAS, unha extraordinaria
novela de aventuras que os mantivo en vilo, mesmo máis aló da última páxina.
O escritor falounos da
importancia da lectura, do excepcional contador de historias que era o seu pai,
da novela que marcou a súa infancia: A illa do tesouro, de Robert Louis
Stevenson; de Don Álvaro Cunqueiro e de Merlín e familia; de
innumerables libros dos que nos recomendaría gozar; de que sobre todo, se sinte
lector…
Pasamos tamén momentos
moi distendidos nos que foron os alumnos e alumnas de 6º quen lle presentaron
pequenos enigmas que el debía resolver.
Rematou o encontro
coa sinatura de exemplares do libro.
Moitas grazas, Don
Xabier, por este día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario