viernes, mayo 17, 2013

IV CORRELINGUA DO MORRAZO

    Aproveitando que hoxe é o día das Letras Galegas, queremos recordarvos que o día 10 de maio rapaces e rapazas de todo o Morrazo xuntámonos para homenaxear a lingua galega. Reunímonos preto de 1800 persoas na praza Massó onde os pequenos estiveron facendo un collage e os maiores demos unha volta por Bueu ao son das gaitas. Despois disto, merendemos e empezou o espectáculo. Estivemos bailando e bailando ata que rematou a música. Os ánimos non decaeron porque ao chegar ao cole aínda tiñamos ganas de xogar.
Se vos fixades, todos levamos unhas camisetas diseñadas por nós mesmos: por diante, o nome do cole; e por detrás, unha palabra relacionada coa arte e os sentimentos. Escollemos nomes como bicar, agarimo, morriña, saudade, amor, amizade, catro, cruceiro, castro, palloza ou muíño, entre outras... Todas estupendas! Nos outros ciclos traballaron a ciencia e a tecnoloxía, e tamén a natureza. Foi un día espléndido!


   


2 comentarios:

  1. anonimo6/14/2013

    Me gustou moito o correlinguas foi moi divertido aínda que ali habia moita xente .
    ☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺♥♥♥

    ResponderEliminar
  2. Anónimo6/14/2013

    Gustounos moito o CORRELINGUA .Foi moi divertido ainda que un pouco agoviante porque había moita xente.As camisetas que había eran todas moi orixinais. O ano que ben esperamos que o Correlingua sexa tan guai como este.


    María y Ángeles 5ºA

    ResponderEliminar