viernes, diciembre 27, 2013

UNHA PROBA DE AMIZADE

     Nos últimos días estivemos vendo un vídeo relacionado coa época de Nadal. O vídeo trataba sobre dous ratos chamados Pinky e Cerebro que desexan por tódolos medios conquistar o mundo. Para iso fabrican un robot capaz de hipnotizar ás persoas e roubarlles a vontade... Que pasará? Conseguirán o seu propósito? Que tén que ver a amizade en todo isto? Se queredes saber o final desta historia, aquí tendes o episodio.

           

    O alumnado de 6º teremos que realizar un TRABALLO para a volta das vacacións sobre este capítulo.
6ºA: Redactar a páxina dun diario ou poema.
6ºB: Redactar unha noticia de xornal ou carta.

Todos os traballos serán entregados:
  • pasados a limpo en folio ou cartolina e decorados (ilustracións ou fotografías).
  • escritos en galego.


No hay comentarios:

Publicar un comentario