martes, junio 30, 2015

A NOSA GRAN AVENTURA

   O pasado 18 de xuño viaxamos ata A Coruña. Pasámolo xenial!!! Despois de máis dúas horas de traxecto chegamos ao planetario onde nos esperaban varios pisos de actividades e experimentos. Logo, tivemos unha sesión de cine 3D relacionada coa arte. Chamábase "A noite estrelada" e personaxes de pinturas e esculturas famosas ían contando particularidades sobre o universo. Entrementres, tomamos algo nos arredores porque xa estabamos mortiños de fame...  
Subimos ao autobús e dirixímonos cara o Domus. Alí, atacamos os tuppers e comemos todos xuntos gozando dunha marabillosa vista ao mar... Unha vez rematado, visitamos as diferentes salas onde puidemos ver xogos interactivos e curiosidades sobre o ser humano.
Os ataques de fame volveron e non nos quedou máis remedio que buscar unha xeadería... En canto o autobús aparcou, todas as miradas se dirixiron á furgoneta do xeado...Obxectivo conseguido! Xa tiñamos forzas para dar unha volta e achegarnos á Torre de Hércules. Pechada por mor do vento, tivemos que conformarnos con ollala desde fóra e facer algunha que outra foto de recordo. Outra vez será...


Click to play this Smilebox slideshow

This photo slideshow generated with Smilebox

No hay comentarios:

Publicar un comentario