Blogue de 5º e 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra de Bueu.
miércoles, noviembre 25, 2015
25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
A Sociedade formámola todas e todos, nenas e nenos, mulleres e homes... E a todos nos corresponde traballar por mellorala.
Non podemos deixar pasar unha día coma o de hoxe sen poñer o noso gran de area, sen berrarlle á sociedade a necesidade de RESPECTO.
Por todas as mulleres que cada día perden a vida a mans dos que algún día lles xuraron amalas, por todas as adolescentes que confunden o amor coa submisión, por todas as nenas que hoxe xogan felices nos patios das nosas escolas, para que medren en equilibrio, sen medo de seren elas mesmas...
Esta mañá participamos na concentración silenciosa e posterior gala de entrega de premios do XIII Concurso de Cartel e Lema con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES organizado polo CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Bueu.
Nesta ocasión foi o alumnado de 5º o que asistiu para acompañar a DENÍS IGLESIAS ESTÉVEZ e a CARMEN CASTRO RECAMÁN (galardonados co 1º Premio de Educación Primaria e unha Mención Especial, respectivamente) e compartir con eles a ledicia dun momento tan especial.
Tamén nos alegra a entrega do primeiro premio, imaxe seleccionada para o cartel oficial, do deseño de MARTA NOGUEIRA PASTORIZA, alumna de 3º de ESO do IES Johan Carballeira e exalumna do noso centro.
Desde a organización do certame agradeceuse a todos os centros educativos, tanto a alta participación, como a calidade dos traballos presentados.
Parabéns a todas e todos os gañadores, por un futuro sen violencia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario