AS PEGADAS DO TEMPO
Como xa sabedes, este
curso imos vivir un ano de cine e por iso, a semana pasada fixemos unha
excursión de película!
Fomos pescudar as pegadas dos
nosos antepasados a través do tempo…
Había un mes que na clase
de Ciencias Sociais estabamos a estudar con Elena a aparición dos primeiros
seres humanos no planeta, como se adaptaron para sobrevivir e como, ao longo
dos séculos, foron evolucionando ata xurdiren as primeiras grandes
civilizacións.
Así que, despois de moito
traballar na aula, tivemos a oportunidade de descubrir os restos que hoxe se
conservan de épocas tan lonxanas.
No MUSEO DE PONTEVEDRA
repasamos os tres grandes períodos en que se divide a Prehistoria:
O Paleolítico ou Idade da
Pedra Tallada
O Neolítico ou Idade da Pedra
Pulida
A Idade dos Metais
Alí recibimos a visita do Deputado Provincial de Cultura, Xosé Leal, que veu interesarse polas actividades que estabamos a levar a cabo, xa que A Deputación patrocinaba o seu desenvolvemento.
Contamos coa axuda duns magníficos guías que resultaron ser nada menos que arqueólogos!

Ensináronnos unha chea de restos arqueolóxicos, mesmo un tesouro! O de Caldas, unha morea de pulseiras, colares e torques de ouro que disque pesan arredor duns 15 quilos!

Da Hispania Romana vimos
estelas funerarias, miliares, espadas de guerreiros, restos de ánforas
de cerámica...
Tamén, dous esqueletos
atopados no xacemento arqueolóxico da Lanzada, onde aínda seguen a investigar!
Ao mediodía, metémonos
outra vez no autobús rumbo a Campo Lameiro para coñecer o Centro Arqueolóxico
de Arte Rupestre no que, despois de xantar e xogar un anaco, aprendemos a
aplicar técnicas de investigación de auténticos arqueólogos para analizar
PETRÓGLIFOS! Gravados feitos nas rochas hai miles de anos polos nosos
antepasados! Uns representan cervos e escenas de caza e outros son figuras
xeométricas, espirais... cuxo significado aínda non se coñece con claridade.

Despois da merenda, un dos
arqueólogos do centro fíxonos unha demostración de como facían lume os homes prehistóricos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario