viernes, enero 20, 2017

SILENCIO!!!! RÓDASE!!!


Esta semana vivimos na escola máis movemento do habitual (que xa é dicir...!).
Despois de dous meses traballando na redacción dos guións cinematográficos,  tivemos oportunidade de descubrir como se grava unha película de verdade! 

Para a ocasión, contamos cun equipo de profesionais coordinados por Ramón Torrente, director da rodaxe e do proxecto "Expresarte!", promovido pola Deputación Provincial e o CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Bueu, dentro do programa de actividades destinadas a previr a Violencia de Xénero entre a mocidade.

A verdade é que non é nada doado. Hai que se concentrar para  non mirar á cámara, para  non facer ruído mentres se grava... A vida dos cineastas non é tan fácil como se ve desde fóra.
Cámaras, cables por todas partes, micrófonos... claqueta e... RODANDO!!! SILENCIO!!!... ACCIÓN!!!

Foi unha experiencia que nunca esqueceremos!
Unha aperta moi forte para Ana, Brais e Ramón! Moitas grazas pola vosa paciencia!

https://4.bp.blogspot.com/-4DHu_Qb-qz8/WIDbaMEBtTI/AAAAAAAAIEM/oLVnVc63584BfpReN4eLU2l81inrOrskQCLcB/s1600/compri4.jpg



No blog do noso Bibliocastelo poderedes ler a noticia. Clicade no enlace para vela.

Tamén na páxina web do concello.

2 comentarios:

  1. Lamentable por parte do profesorado e da organización que so lle interesa facer unha obra maestra e non a participación do alumnado promovendo así a discriminación e a desigualdade

    ResponderEliminar
  2. Anónimo1/27/2017

    Os rapaces pasaronno moi ben , vai ser inesquecible para eles , estamos desesando ver todo o resultado , moitas grazas a todo o profesorado

    ResponderEliminar