lunes, junio 19, 2017


PROGRAMA   METEOESCOLAS


Neste curso o alumnado do CEIP plurilingüe A Pedra de Bueu, dentro do programa Meteoescolas e a modo de proxecto de fin de etapa levaron a cabo un traballo interdisciplinario onde interviñeron as áreas de Lingua Galega, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Matemáticas. Utilizaron como instrumento de aprendizaxe significativo o traballo cooperativo, distribuíndose o alumnado en equipos de 3 ou 4 compoñentes.  Deste xeito traballaron os  estándares de aprendizaxe  que tiñan relación con:

O tempo atmosférico, instrumentos que serven para observalo, a garita meteorolóxica, a Lúa, factores que modifican o clima, os climas de España,  os fenómenos meteorolóxicos, a formación das nubes, acción do home no medio natural, necesidade de coidar o medio natural, os espazos protexidos.



Ademais, organizaron en  táboas as precipitacións mensuais recollidas cos datos observados polo alumnado na garita meteorolóxica do colexio nos 5 primeiros meses deste ano  e tamén calcularon as medias mensuais das temperaturas máximas e mínimas. Con toda esta información elaboraron e interpretaron un climograma comparándoo cos datos meteorolóxicos históricos de Bueu.


Tendo en conta que en expresión escrita estudaran a análise  e redacción de textos xornalísticos, presentaron a modo de reportaxe a información  recollida que acompañaron con imaxes.
Todos os traballos colocáronos no taboleiro de cadansúa clase para posteriormente podelos gravar e traballar así os estándares de aprendizaxe de expresión oral.

Todas e todos puxeron o mellor de seu e aínda que á hora de gravar houbo quen se puxo nervioso e  se equivocou, confiamos en que saberedes desculparnos.

E velaí vai o resultado de tanto traballo. Que o desfrutedes!








































1 comentario:

  1. Bueno , este curso xa remata e con el a primaria , como nai de Mateo gustariame agradecervos todo a voso traballo cos nosos fillos , sodes unha base moi importante na sua formación cara o seu futuro ,sempre os lembraremos GRAZAS

    ResponderEliminar