martes, diciembre 19, 2017
Ler en GALEGO
Aquí bos deixamos algunhas boas ideas para agasallar nestas datas con lecturas e música en galego:
http://enredemosapedra.blogspot.com.es/2017/12/guias-de-lectura-de-nadal.html

http://enredemosapedra.blogspot.com.es/2017/12/guias-de-lectura-de-nadal.html
sábado, diciembre 02, 2017
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO
EXPERIENCIA SOBRE O PH DOS ALIMENTOS E OUTRAS SUBSTANCIAS
Despois de traballar os alimentos e a función de nutrición, pareceunos interesante saber que era o ph e como se medía.
Que é o pH?
Todas as substancias
teñen propiedades específicas propias. Para poder usar e sacarlle proveito a
estas substancias os científicos estúdianas e clasifícanas utilizando unidades
de medida. Por exemplo:
-
Usamos a temperatura para especificar canto calor ten unha substancia. Non é o
mesmo dicir que a auga está a 91º Centígrados que dicir que está quente.
Tampouco é o mesmo
dicir que o limón é acedo, ou saber que o seu grado de acidez nunha escala é de
2,3, porque isto permítenos comparalo con outras substancias con maior ou menor
acidez, e tamén observar como se comportan.
Como
sabemos o pH dunha substancia?
Todos coñecemos a fórmula da auga H2O. Esta fórmula quere dicir que cada molécula de auga está formada por 2 átomos de hidróxeno e
1 de osíxeno. Se a auga lle aplicamos algún tipo de enerxía (calor,
electricidade) isto provoca que a molécula de auga se descompoña en dous
elementos distintos hidróxeno e osíxeno.
Pois ben se temos unha substancia onde abundan mais os protóns de hidróxeno H diremos que é unha substancia ácida, pola contra se a substancia contén mais ións de OH (hidróxeno e osíxeno chamado hidroxilo) diremos que esa substancia é básica ou alcalina.
Aquí temos algúns exemplos do pH de órganos e substancias do noso corpo.
Todos
os alimentos teñen pH ao igual que as substancias que forman o noso organismo,
sangue, suor, bágoas....
Ao inxerir alimentos
alteramos ao pH do noso corpo. O pH do estómago é de 1,4 debido ao ácido que
contén e que é necesario para descompoñer
os alimentos.
Algunhas comidas e as
súas combinacións poden provocar que o
estómago xere mais ácido.
Se isto sucede con moita frecuencia, o ácido podería perforar o estómago causando unha úlcera. Demasiado ácido no estómago podería escapar e subir polo esófago cara a boca. Esta desagradable sensación coñécese como acidez de estómago.
Se isto sucede con moita frecuencia, o ácido podería perforar o estómago causando unha úlcera. Demasiado ácido no estómago podería escapar e subir polo esófago cara a boca. Esta desagradable sensación coñécese como acidez de estómago.
Para coñecer máis sobre o pH dos alimentos e poder clasificalos en substancias básicas ou alcalinas imos realizar un experimento. O indicador que imos usar é a auga que resulta da
cocción do repolo morado tamén coñecido como lombarda.
As substancias que se atopan na escala cerca do 7 son neutras, isto quere dicir que non teñen moitos protóns de hidróxeno nin moitos ións de hidroxilo. A auga potable atópase neste intervalo. Conforme as substancias se van acercando ao 1 son mais ácidas e cando se acercan ao 14 mais básicas ou alcalinas.
As substancias que se atopan na escala cerca do 7 son neutras, isto quere dicir que non teñen moitos protóns de hidróxeno nin moitos ións de hidroxilo. A auga potable atópase neste intervalo. Conforme as substancias se van acercando ao 1 son mais ácidas e cando se acercan ao 14 mais básicas ou alcalinas.
Tanto as substancias moi ácidas como moi básicas poden resultar perigosas.
Introdución
Realizar un experimento para
determinar as variacións do pH en diferentes solucións e saber se son substancias
ácidas, básicas ou neutras utilizando un indicador vexetal, neste caso
utilizaremos o repolo.
OBXECTIVO:
Distinguir pola cor ao que cambia unha
substancia cando se lle agrega o indicador natural se se trata dun ácido, unha
base, ou unha substancia neutra.
No experimento tamén se inclúen
alimentos para saber cales son mais propensos a causar acidez estomacal.
Materiais Utilizados
1 litro de auga
Col ou repolo morado
10 culleres
1 vaso precipitado ou tubo de ensaio
1 coador
1 cazo
2 culleradas das seguintes substancias:
Vinagre
Bicarbonato de sodio
Lixivia
xugo de limón
coca cola
Líquido desengrósante
Chámpoo
Iogur natural
Limpador con amoníaco
Tomate machucado
Procedemento
1. Picar finamente a col morada e
poñela a ferver no cazo xunto co litro de auga. Deixar ferver durante 5 min.
Coar, e o líquido restante deixase
arrefriar e embotéllase.
2. Enumerar todos os vasos e repartir as
substancias da seguinte maneira…
1 Vinagre
2 Bicarbonato de sodio
3 Iogur
4 zume de limón
5 Coca cola
6 Líquido desengrósante
7 Amoníaco
8 Xampú
9 Tomate machucado
10 Lixivia
3. Despois de repartir as substancias
vertemos 5 ml. de auga en cada vaso (para isto
utilizarase o vaso precipitado o tubo de ensaio) mesturamos cada unha cunha
cullerada diferente; isto para evitar que as substancias se combinen
e interfiran cos resultados finais do experimento.
4. Logo de incluír en todos os vasos os
5 ml. de auga, agregaranse outros 5 ml.
pero esta vez do indicador natural (o LÍQUIDO da col morada). Despois de incluír
o líquido, a substancia combinada coa auga tomará unha cor diferente.
5. Dependendo da cor que tome a
solución saberemos se se trata dun ácido unha base ou unha substancia neutra.
.
Así aconteceron as cousas:
Dispuxemos ordenados os materiais na mesa
Atendemos con atención as explicacións da mestra
Vertemos en cada vaso a substancia que correspondía segundo o número asignado
Engadimos a medida de auga as substancias.
Observamos o noso indicador natural feito ao ferver ao repolo morado
Vertemos a medida precisa de indicador (auga da lombarda) nos vasos.
Observamos os cambios de cores das substancias
Coa axuda da escala de cores fomos clasificando as distintas substancias en ácidos, neutros ou básicos
Cor
|
pH
Relativo
|
Vermello
brilante
|
Ácido Forte
|
Vermello
|
Ácido
Medio
|
Púrpura
avermellado
|
Ácido
Débil
|
Azul
|
Neutro
|
Azul
verdoso
|
Base
Débil
|
Verde
|
Base
Media
|
Amarelo
|
Base
Forte
|
Estes foron os resultados:
1 Vinagre Vermello Ácido Medio
2 Bicarbonato Verde Base Media
3 Iogur Púrpura avermellado Ácido Débil
4 zume de limón Vermello Ácido Medio
5 coca cola Púrpura avermellado Ácido Débil
6 Desengrosante Amarelo Base Forte
7 Xampú Púrpura Ácido Medio
8 Amoniaco Verde Base Media
14 Tomate Púrpura avermellado Ácido Débil
10 Lixívia Amarelo Base Forte
6. Os nenos e nenas despois de debuxar unha escala de cores do pH recolleron os resultados obtidos nunha táboa
Número
do vaso
|
Substancia
|
Cor
|
Ácido,
base ou neutro
|
1
|
|||
2
|
|||
3
|
|||
4
|
|||
5
|
|||
6
|
|||
7
|
|||
8
|
|||
9
|
|||
10
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)