sábado, diciembre 02, 2017

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

EXPERIENCIA SOBRE O PH DOS ALIMENTOS E OUTRAS SUBSTANCIAS
Despois de traballar os alimentos e a función de nutrición, pareceunos interesante saber que era o ph e como se medía.


Que é o pH?

Todas as substancias teñen propiedades específicas propias. Para poder usar e sacarlle proveito a estas substancias os científicos estúdianas e clasifícanas utilizando unidades de medida. Por exemplo:
- Usamos a temperatura para especificar canto calor ten unha substancia. Non é o mesmo dicir que a auga está a 91º Centígrados que dicir que está quente.
Tampouco é o mesmo dicir que o limón é acedo, ou saber que o seu grado de acidez nunha escala é de 2,3, porque isto permítenos comparalo con outras substancias con maior ou menor acidez, e tamén observar como se comportan.
Así como o metro é unha unidade de medida de lonxitude, un litro é unha unidade de medida de volume dun líquido, o pH é a unidade de medida de acidez dunha substancia

Como sabemos o pH dunha substancia?
Todos coñecemos a fórmula da auga H2O. Esta fórmula quere dicir que cada molécula de auga está formada por 2 átomos de hidróxeno e 1 de osíxeno. Se a auga lle aplicamos algún tipo de enerxía (calor, electricidade) isto provoca que a molécula de auga se descompoña en dous elementos distintos hidróxeno e osíxeno.


 Pois ben se temos unha substancia onde abundan mais os protóns de  hidróxeno H diremos que é unha substancia ácida, pola contra se a substancia contén mais ións de OH (hidróxeno e osíxeno chamado hidroxilo) diremos que esa substancia é básica ou alcalina.
 Aquí temos algúns exemplos do pH de órganos e substancias do noso corpo.

Todos os alimentos teñen pH ao igual que as substancias que forman o noso organismo, sangue, suor, bágoas....
Ao inxerir alimentos alteramos ao pH do noso corpo. O pH do estómago é de 1,4 debido ao ácido que contén e que é necesario para descompoñer  os alimentos.
Algunhas comidas e as súas combinacións poden provocar  que o estómago xere mais ácido. 
Se isto sucede con moita frecuencia, o ácido podería perforar o estómago causando unha úlcera. Demasiado ácido no estómago podería escapar e subir polo esófago cara a boca. Esta desagradable sensación coñécese como acidez de estómago

Para coñecer máis sobre o pH dos alimentos e poder clasificalos en substancias básicas ou alcalinas imos realizar un experimento.  O indicador que imos usar é a auga que resulta da cocción do repolo morado tamén coñecido como lombarda.



As substancias que se atopan na escala cerca do 7 son neutras, isto quere dicir que non teñen moitos protóns de  hidróxeno nin moitos ións de hidroxilo. A auga potable atópase neste intervalo. Conforme as substancias  se van acercando ao 1 son mais ácidas e cando se acercan ao 14 mais básicas ou alcalinas.

Tanto as substancias moi ácidas como moi básicas poden resultar perigosas.

Introdución
Realizar un experimento para determinar as variacións do pH en diferentes solucións e saber se son substancias ácidas, básicas ou neutras utilizando un indicador vexetal, neste caso utilizaremos o repolo.

OBXECTIVO:
Distinguir pola cor ao que cambia unha substancia cando se lle agrega o indicador natural se se trata dun ácido, unha base, ou unha substancia neutra.
No experimento tamén se inclúen alimentos para saber cales son mais propensos a causar acidez estomacal.

Materiais Utilizados
 1 litro de auga
 Col ou repolo morado
 10 culleres
 1 vaso precipitado ou tubo de ensaio
 1 coador
 1 cazo
2 culleradas das seguintes substancias:
 Vinagre
 Bicarbonato de sodio
 Lixivia
 xugo de limón
 coca cola
 Líquido desengrósante
 Chámpoo
 Iogur natural
 Limpador con amoníaco
 Tomate machucado

Procedemento
1. Picar finamente a col morada e poñela a ferver no cazo xunto co litro de auga. Deixar ferver durante 5 min. Coar, e o líquido restante deixase  arrefriar e embotéllase.
2. Enumerar todos os vasos e repartir as substancias da seguinte maneira…
1 Vinagre
2 Bicarbonato de sodio
3 Iogur
4 zume de limón
5 Coca cola
6 Líquido desengrósante
7 Amoníaco
8 Xampú
9 Tomate machucado
10 Lixivia
3. Despois de repartir as substancias vertemos 5 ml. de auga en cada vaso (para isto  utilizarase o vaso precipitado o tubo de ensaio) mesturamos cada unha cunha cullerada diferente; isto para evitar que as substancias se combinen e interfiran cos resultados finais do experimento.
4. Logo de incluír en todos os vasos os 5 ml. de auga,  agregaranse outros 5 ml. pero esta vez do indicador natural (o LÍQUIDO da col morada). Despois de incluír o líquido, a substancia combinada coa auga tomará unha cor diferente.
5. Dependendo da cor que tome a solución saberemos se se trata dun ácido unha base ou unha substancia neutra.
.

Así aconteceron as cousas:




Dispuxemos ordenados os materiais na mesa



Atendemos con atención as explicacións da mestra




Vertemos en cada vaso a substancia que correspondía segundo o número asignado




Engadimos a medida de auga as substancias.




 Observamos o noso indicador natural feito ao ferver ao repolo morado





Vertemos a medida precisa de indicador (auga da lombarda) nos vasos.









Observamos os cambios de cores das substancias


Coa axuda da escala de cores fomos clasificando as distintas substancias en ácidos, neutros ou básicos

Cor
pH Relativo
Vermello brilante
Ácido  Forte
Vermello
Ácido Medio
Púrpura avermellado
Ácido Débil
Azul
Neutro
Azul verdoso
Base Débil
Verde
Base Media
Amarelo
Base Forte


Estes foron os resultados:


1 Vinagre                       Vermello                            Ácido Medio
2 Bicarbonato                Verde                                 Base Media
3 Iogur                           Púrpura avermellado         Ácido Débil
4 zume de limón            Vermello                            Ácido Medio
5 coca cola                    Púrpura avermellado        Ácido Débil
6 Desengrosante          Amarelo                             Base Forte
7 Xampú                        Púrpura                              Ácido Medio
8 Amoniaco                   Verde                                 Base Media
14 Tomate                     Púrpura avermellado         Ácido Débil

10 Lixívia                       Amarelo                              Base Forte

6. Os nenos e nenas despois de debuxar unha escala de cores do pH recolleron os resultados obtidos  nunha táboa



Número do vaso
Substancia
Cor
Ácido, base ou neutro
1



2



3



4



5



6



7



8



9



10








No hay comentarios:

Publicar un comentario