viernes, marzo 09, 2018

METEOESCOLAS 2017-18

Xa estamos no mes de febreiro e chegounos a quenda de recollida de datos na nosa estación meteorolóxica. Este ano xa somos expertos, coñecemos o nome dos instrumentos meteorolóxicos que temos no cole e as magnitudes que miden. Durante 15 días á hora de entrar, pousamos as mochilas e imos ver a nosa garita. Observamos a temperatura máxima do día anterior e a mínima do actual así como a temperatura que hai nese momento. A continuación medimos a auga da chuvia que contén o pluviómetro se é o caso. Dirixímonos a entrada do cole para colocar os datos no taboleiro do proxecto Meteoescolas,  actualizamos os datos do día, mes, temperatura máxima e mínima pluviosidade e a fase na que se atopa o noso satélite, a Lúa Tamén tomamos nota da información que nos proporciona o barómetro e o higrómetro. Deste xeito toda a comunidade educativa pode estar informado do tempo "Made in Bueu"



Mentres isto ocorría. cos datos meteorolóxicos recollidos no noso colexio no mes de xaneiro de 2018 elaboramos unha gráfica que representaba nas barras as precipitacións recollidas e nas liñas vermellas que unen os puntos as temperaturas máximas e en cor azul as temperaturas mínimas.



O estudo da gráfica serviunos para comparar os datos recollidos cos datos que
correspondían coas temperaturas e precipitacións propias do noso clima. Concluímos que no mes de xaneiro as temperaturas máximas foron máis altas do que sería normal para o clima oceánico de Galicia e as precipitacións inferiores as que se debían esperar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario