lunes, febrero 06, 2017

DÍA DA PAZ


A semana pasada, conmemoramos o día da Paz.
Todos os nenos e nenas do colexio unidos, con diferentes cantos, diferentes cores, diferentes heroes..., pero cun mismo corazón, cun mesmo desexo: a Paz.



Nela, os alumnos de quinto tiveron unha participación especial, pois recibiron o nomeamento de titores TEI, programa no que dun xeito moi especial, van a poñer o seu gran de area para favorecer a convivencia na escola.



Os alumnos de sexto, amosaron tamén o desexo de seguir "escribindo" o seu día a día a favor da paz, acompañando este acto coa canción en francés "On écrit sur les murs".


Deixámosvos o enlace para que vexades a nosa celebración:








jueves, febrero 02, 2017

ENTREGA DIPLOMAS TEI

O 30 de xaneiro os rapaces e rapazas de 5º de primaria recibiron o seu DIPLOMA DE NOMEAMENTO como titores/as nun acto ao que asistiu todo o alumnado e profesorado de Primaria. 


Os titorandos de 3º levaban globos de cores cando nos reunimos todos no patio da escola.


Tamén contamos coa presenza do Alcalde de Bueu, Félix Juncal,  da Concelleira de Educación, Teresa López e da asesora do CEFORE, Anabel Lareo, que foron is encargados de facer entrega dos DIPLOMAS aos nenos/as de quinto.



Como remate final Titores e titorandos xuntos, soltaron os globos como símbolo de amizade e compromiso de mellora da convivencia.



Foi un acto moi emotivo e entrañable que puxo en marcha a labor dos protagonistas deste programa, o alumnado de 5º e o de 3º . Estamos convencidos de que con esforzo e implicación van acadar  un gran éxito.

martes, enero 31, 2017

PRESENTACIÓN DE TITORES-TITORIZADOS ("PROGRAMA TEI")

Este ano, o noso cole embarcouse nun novo proxecto:


"TITORÍA ENTRE IGUAIS: PROGRAMA TEI"

Este proxecto, busca mellorar a convivencia no centro, resolver os conflitos, e favorecer as relacións para así previr a  violencia e o acoso escolar.
Os protagonistas son o alumnado de quinto que titorizan ao alumnado de terceiro de primaria.
Este alumnado, tras ter unhas xornadas de información e formación, protagonizou o pasado mércores, 25 de xaneiro, unha experiencia moi emotiva. Cada alumno e alumna de quinto, titor ou titora, coñeceu ao seu titorizado ou titorizada, alumno ou alumna de terceiro.
Reuníndose primeiro na biblioteca e na sala de uso múltiples entrevistáronse mutuamente:
 Alumnado de 5º B entrevistando aos seus titorizados de 3ºB
Alumnado de 5ºA entrevistando aos seus titorizados de 3ºA

Posteriormente saíron todos ao patio. Primeiro os titores e titoras serviron de lazarillos e guiaron aos titorizados como se  se tratase de persoas invidentes polo patio.
Remataron o día facendo un xogo por parellas, no que as gargalladas foron as principais protagonistas:

Este proxecto, transmítenos esencialmente un gran optimismo. Un mundo mellor é posible, e estas rapazas e rapazas están moi concienciados. 
No seguinte vídeo poderedes ver máis imaxes deste inesquencible día.



viernes, enero 20, 2017

SILENCIO!!!! RÓDASE!!!


Esta semana vivimos na escola máis movemento do habitual (que xa é dicir...!).
Despois de dous meses traballando na redacción dos guións cinematográficos,  tivemos oportunidade de descubrir como se grava unha película de verdade! 

Para a ocasión, contamos cun equipo de profesionais coordinados por Ramón Torrente, director da rodaxe e do proxecto "Expresarte!", promovido pola Deputación Provincial e o CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Bueu, dentro do programa de actividades destinadas a previr a Violencia de Xénero entre a mocidade.

A verdade é que non é nada doado. Hai que se concentrar para  non mirar á cámara, para  non facer ruído mentres se grava... A vida dos cineastas non é tan fácil como se ve desde fóra.
Cámaras, cables por todas partes, micrófonos... claqueta e... RODANDO!!! SILENCIO!!!... ACCIÓN!!!

Foi unha experiencia que nunca esqueceremos!
Unha aperta moi forte para Ana, Brais e Ramón! Moitas grazas pola vosa paciencia!

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgoqcTB4Jq2jJdRQj7_tXsW1OHzgV53_aiYR7K_h7WTTYXbTcWnNBupP71ABjedT9c9AQMzc3Jmfm-BwWNd22JF6PW8tTokfx4YecxI5YfCaog0WePAhUcTkFDP3hTrzJsZZPcLqo727eQ/s1600/compri4.jpg



No blog do noso Bibliocastelo poderedes ler a noticia. Clicade no enlace para vela.

Tamén na páxina web do concello.

viernes, diciembre 23, 2016

OBRADOIROS DE NADAL!!!!


E POR FIN CHEGARON AS VACACIÓNS!!!!


Calquera diría que non habían chegar nunca! Que agobio! Traballos, exames, murais...!
 
Pero como todo pasa, os apuros tamén pasaron e chegaron as ansiadas vacacións precedidas da xa tradicional XORNADA DE OBRADOIROS DE NADAL! Este ano tocaban de cine!!



 

Que ben o pasamos! Maquillámonos de personaxes de película con Lina, xogamos a unha xincana de cine con Goretti, Elaboramos móbiles de animación con Carmen Cazorro e xogamos a adiviñar títulos de películas en inglés con Luisa!! UNS OBRADOIROS DE ALUCINE!!!
Despois do recreo, subimosa clase para compartir unha saborosa merendola con larpeiradas de Nadal!!




 
 














 















MOI FELICES FESTAS A TODAS E A TODOS!!!
 

domingo, noviembre 27, 2016

25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Este venres, como cada 25 de novembro, participamos nos diferentes eventos que tiveron lugar na nosa vila para celebrar o Día da Non Violencia contra As Mulleres.
Pouco antes do mediodía, baixamos á Praza do Concello para unirnos ao alumnado dos centros escolares de Bueu e gardar un mminuto de silencio polas 45 vítimas asasinadas este ano. Os nenos e nenas do CEIP Montemogos repartiron panos mourados para todass e todos que xuntos axitamos ao vento tras escoitar as palabras do alcalade e  o manifesto lido pola concelleira de Igualdade, Dona Ana Isabel Otero. 
Despois, xa no Centro Social do Mar, desenvolveuse a gala na que se entregaron os premios do CONCURSO DE CARTEL E LEMA CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO.
As alumnas e alumnos de 4º do CEIP Montemogos explicáronos a orixe da celebración deste evento cada 25 de novembro  a través dun fermoso traballo feito por eles e por elas titulado OLIBRO DAS BOLBORETAS.
Unha vez máis, tivemos a fortuna de contar con compañeiros e compañeiras da nosa escola entre os gañadores.

1º PREMIO: XIANA PASTORIZA    - 5º B


 
MENCIÓNS ESPECIAIS:

DAMIÁN GONZÁLEZ     - 5º B



CARMEN CASTRO RECAMÁN - 6º A


ALEXANDRA POPUSADA RÍOS - 6º B 


 CARLA SOLIÑO  - 6º B



Tamén a gañadora do deseño do cartel, EMMA LASCU, alumna de 3º de ESO do IES Johan Carballeira, estudou Primaria no noso colexio.

Ao rematar, os premiados e corporación municipal posaron para a habitual "foto de familia".



 PARABÉNS A TODAS E A TODOS!

martes, noviembre 08, 2016

MAGOSTO

E CHEGOU O DÍA DO MAGOSTO E A CHUVIA PUIDÉMOLO CELEBRAR!
Que sorte tivemos! Por fin parou de chover e puidemos gozar do Magosto!

 Preme neste enlace para ver as fotos:


Ademais, pasámolo xenial grazas á xenerosa visita dosmembros da Club Corredoiras! (Manolo Otero, Chefa, Pepe e Moital) Touxéronnos xogos populares que nos ensinaron a manexar. Xogamos aos trompos, á cahiza, a facer carreiras de zancos...

MOITAS GRAZAS!
 
 E despois... ricas castañas asadas, quentiñas...hummm, que ricas...!

QUE BEN O PASAMOS!