sábado, abril 14, 2012

O SEGREDO DE MATT GROENING

Hai uns día o autor de series animadas como os Simpson e Futurama desvelaba o segredo máis esperado: a vila que lle inspirarou Springfield. Nembargantes apenas hai unhas horas que o propio autor desdixo o que afirmara!! Ao parecer el só afirmou que lle puxo o nome de Springfield porque era un dos máis usados no estado de Oregón (E.U.A) pero que nunca mencionou que se basara nunha vila en concreto para a serie. Así que... teremos que seguir investigando. Deixámosvos uns enlaces interesantes sobre os Simpson.

Clica na imaxe para saber máis sobre os Simpson.
Clica na imaxe para ler a última noticia sobre os Simpson


Clica nesta imaxe para ver un vídeo da noticia dos Simpson en Antena 3

viernes, abril 13, 2012

GRANDES PERSOEIROS A TRAVÉS DA HISTORIA

Como actividade final dos temas de historia, o alumnado de 6º escollemos distintos persoeiros que nos resultaban coñecidos para investigar porque e en que época destacaron. Os nomes que soaron foron do máis variopinto: Arquímedes, Joan Miró, Da Vinci, Isaac Peral ou Marie Curie. De momento, deixámosvos esta pequena mostra sobre Joan Miró. Menudo traballo!

View more presentations or Upload your own.

domingo, abril 01, 2012

O DÍA DAS BROMAS


Hai miles de anos en Francia, o aninovo era o 1º de abril. O rei Carlos IX decide introducir o calendario gregoriano que sinalaba o 1º día do ano en xaneiro, tal e como o coñecemos hoxe en día. Tralo cambio de data, moita xente reacia e outra despitada seguiu celebrando a festa en abril. Para rirse deles, o resto da poboación facíalles "regalos" de broma e de aí que o día 1º de abril quedase en Francia como o día das bromas. Ese día, os nenos e nenas recortan un peixe de papel e tratan de pegarllo á xente nas costas sen que se dean conta; se o conseguen, esa persoa pasará todo o día co peixe colgado, e bérrase"Poisson d' avril".

Tras escoitar isto, os rapaces e rapazas de 6º fixemos o deseño dun peixe para celebrar o día. Podedes ver aquí os nosos traballos.


domingo, marzo 18, 2012

NESSIE ¿FICCIÓN OU REALIDADE?

Aló polo 1934, aparece a foto dun monstro no Lago Ness en Escocia. Séculos atrás xa se coñecía a "existencia" desa besta e diversas testemuñas ao longo dos anos fixo medrar a lenda. Todo resultou ser un engano... Queres saber que pasou...? Cal foi a trampa...? Quen o preparou todo ...? Preme na imaxe.

Vista do Lago Ness (Irlanda)


Se vos gustou, podedes visitar esta páxina e tamén estoutra. Pasádeo ben!!!

AS MULLERES AO LONGO DA HISTORIA

Tira cómica de La Voz de Galicia

A semana pasada, o día 8 de marzo, foi o día da Muller Traballadora e dende o cole fixemos un montón de actividades.
  • Participamos no concurso anual de viñetas do CIM de Bueu. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º tivemos que diseñar unha viñeta ilustrativa referente ao lema "A igualdade no traballo". Unha das nosas compañeiras, Isaura Framil, conseguiu unha mención especial. Noraboa a ela e a todos os que participamos!!!
  • O 24 de marzo foi o día de Rosalía de Castro e estivemos lendo e comentando algúns dos seus poemas e investigamos un pouquiño sobre ela.
  • Ademais, propuxéronnos facer un mural sobre mulleres importantes ao longo de toda a historia para expoñelos despois no cole. Os traballos quedaron estupendos! Cada un de nós escolleu unha muller que nos pareceu relevante nun ámbito de traballo e investigamos sobre ela. Apareceron nomes como Cleopatra, Margaret Thatcher, Clara Campoamor, Marie Curie, Victoria Kent ou a Madre Teresa de Calcuta.
Se queres ver os nosos traballos, preme na imaxe.




viernes, marzo 09, 2012

A IDADE DE PEDRA


Enlace


O noso conserxe Ramón, afeccionado á Historia, amosounos esta interesante noticia no diario ABC. Segundo a noticia, atopáronse uns obxectos en distintos puntos de América similares aos atopados nunha cova de Asturias. Puideron ser uns "españois" os primeiros moradores de América? Preme na imaxe se che apetece saber máis.

miércoles, marzo 07, 2012

ROBIN HOOD

Esta mañá, os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º tivemos a sorte de ir ao teatro a Vigo. Fomos ver unha adaptación da obra de teatro en inglés sobre o famoso Robin Hood. Os actores eran estupendos e a parte de cantar e motivarnos a participar, ao final puidemos facerlles preguntas, iso si, en english!

"Robin de Locksley volve á casa tras anos de ausencia e atopa todo moi cambiado, excepto a súa amiga da infancia, Marian. Para combatir a crueldade e ambición do sheriff de Nottingham, unirase a un grupo de foraxidos..."
Sóavos de algo? Aquí vos deixamos algunhas imaxes do espectáculo.