miércoles, octubre 31, 2012

UN SAMAÍN DE MEDO

       A noite do 31 de outubro é máxica e tenebrosa ao mesmo tempo, chega o Samaín. Para celebralo no cole, estivemos falando dos nosos medos e despois decorámolos. As nosas reflexións están colgadas na gran tea de araña da entrada. Por suposto, trouxemos as nosas cabazas decoradas!


EXPOSICIÓN DE CABAZAS.













            A TEA DE ARAÑA COS MEDOS




      




OS NOSOS MEDOS...







    Aquí están dous vídeos sobre o Samaín. Esperamos que vos divirtan!! 








QUE PASADES UN SAMAÍN DE MORTE!!!

24 DE OUTUBRO, O DÍA DE PAPIRUS

     A semana pasada foi un día importante porque Papirus celebrou o seu aniversario connosco. Sabedes que Papirus naceu o mesmo día en que se conmemora o día das bibliotecas escolares? Por este motivo e sabendo que este curso ímosllo dedicar aos contos e á expresión oral,  contounos unha historia. Queredes escoitala? 

           


        Ao rematar, fixemos fotos para ter un recordo e ben guapos e guapas que saímos. Ademais, invitounos a unhas chuches!!!



lunes, octubre 08, 2012

BENVIDOS DE NOVO!

      Apenas hai tres semanas que iniciamos o novo curso. Empezamos esta etapa de 5º curso con ilusión e ganas de mellorar...e os compañeiros de 6º tamén... Non o credes... Fixádevos nestas fotos! 



BENVIDOS AO CURSO 2012/2013

lunes, junio 25, 2012

ADIÓS CON EL CORAZÓN...

    Con este retrouso ben coñecido por todos, os profes que demos clases en 6º este curso queremos despedirnos dos nosos alumnos e alumnas que tanta satisfacción nos deron. Queremos darlles as grazas a eles e as súas familias pola despedida tan emotiva que nos ofreceron a todos
Nerviosos pola actuación, soubestes estar á altura das nosas expectativas e esperamos que sigades sendo como sodes e que no voso corazón haxa sempre unha parceliña para o CEIP A PEDRA.
A emoción tan grande vivida non nos permite máis ca desexarvos unhas boas vacacións!!!!!!















martes, junio 05, 2012

DIARIO DA EXCURSIÓN...

     Hai apenas uns día, os rapaces e rapazas de 5º e 6º voltamos da nosa excursión de fin de curso. Estivemos 4 días por Barcelona.


    O 1º día visitamos os arredores da Sagrada Familia, canta xente! non puidemos entrar porque había moita cola pero, a nosa guía, explicounos brevemente o significado das fachadas. 

Despois, fomos ata o Parque Güell. Que bonito! A Gaudía encantábanlle as liñas onduladas! Que pena que na época ninguén quixo comprar unha casa aquí. Parecen casas de contos infantís.


     Dirixíndonos cara o restaurante, pasamos diante doutros edificios de Gaudí merecentes de ser vistos: A casa Batlló e a Pedrera. 








   
  Despois de comer, vimos unha película en 3D no cine IMAX. Que medo! Podiamos tocar os dinosaurios coas mans!!!! Ao rematar, dirixímonos cara o hotel, en Salou, e puxémonos a remollo.

   O 2º día non tivo nada que envexar ao primeiro por que fomos a PORT AVENTURA. Recorremos todo o parque en busca de emocionantes atraccións. Os profes tamén se animaron (aínda que as fotos non o demostren). A media mañá, vimos un espectáculo hawaiano no que algúns de nós nos atrevemos a bailar. Cansadiños, voltamos para o hotel a iso das 8 da tarde tras mercar un par de detalles para as familias. Que ben!

    O 3º día foi sen dúbida o noso favorito. Volvemos a Port Aventura pero neste caso á parte acuática. Subimos, baixamos, volvemos subir e volvemos baixar ata cansar. Pola noite, despois de cear, estivemos practicando coreografías. Estamos feitos uns bailaríns de categoría!!! As probas... neste vídeo.


   
     O último día, xa coas maletas feitas, visitamos o zoo de Barcelona. Ao rematar, despedímonos de Barcelona e voltamos para casa. A medianoite, estaban as nosas familias esperándonos e ese fin de semana durmimos, durmimos, durmimos, durmimos...

               

sábado, mayo 19, 2012

CHARLANDO CON FINA CASALDERREY




   O día 15 de maio, Fina Casalderrey visitounos no cole. Tanto os de 5º como os de 6º estivemos moi atentos ao que nos contaba. 
Charlamos sobre os ingredentes para ser escritor onde destacou a SENSIBILIDADE  a través dunha breve historia que nos contou. Tamén destacou a forza que teñen as palabras.




 
    
       Trala lectura dos libros, os rapaces e rapazas de 5º fixemos un mural e os de 6º indagamos un pouco sobre a vida da autora e fixemos un Glogster. Trátase dunha aplicación que permite realizar pósters moi vistosos podendo introducir imaxes e vídeos. Este é un exemplo.  

                                         
                                             Clica no póster para amplialo!!


         Que? Gústavos? Se queredes facer un glogster é moi fácil, entrade na páxina www.glogster.com e seguide as instrucións.



I RIDE A BIKE

      O xoves día 10, os rapaces e rapazas de 6º de A Pedra fomos a un singular concerto en Vigo. 


  




    Durante varias semanas a profe Luísa ensinounos unha serie de cancións de Dani Griffin.
   Dani Griffin é un apaixonado da música; artista e mestre, trata de difundir a importancia de explotar a música nas aulas para unha aprendizaxe máis divertida.




    A continuación, podedes ver un fragmento dun dos seus concertos noutro cole colgado en youtube. Que vos parece? Nós pasámolo xenial!!!!!






Aquí podedes escoitar a canción enteira: I ride a bike. Se vos gusta, escoitades outras clicando aquí.