viernes, mayo 17, 2013

IV CORRELINGUA DO MORRAZO

    Aproveitando que hoxe é o día das Letras Galegas, queremos recordarvos que o día 10 de maio rapaces e rapazas de todo o Morrazo xuntámonos para homenaxear a lingua galega. Reunímonos preto de 1800 persoas na praza Massó onde os pequenos estiveron facendo un collage e os maiores demos unha volta por Bueu ao son das gaitas. Despois disto, merendemos e empezou o espectáculo. Estivemos bailando e bailando ata que rematou a música. Os ánimos non decaeron porque ao chegar ao cole aínda tiñamos ganas de xogar.
Se vos fixades, todos levamos unhas camisetas diseñadas por nós mesmos: por diante, o nome do cole; e por detrás, unha palabra relacionada coa arte e os sentimentos. Escollemos nomes como bicar, agarimo, morriña, saudade, amor, amizade, catro, cruceiro, castro, palloza ou muíño, entre outras... Todas estupendas! Nos outros ciclos traballaron a ciencia e a tecnoloxía, e tamén a natureza. Foi un día espléndido!


   


martes, mayo 14, 2013

OS ANIMAIS VERTEBRADOS

       Grazas ao novo proxecto que estamos a desenvolver este ano: ABALAR, decubrimos novos programas informáticos como Impress. Aquí tendes unha mostra do alumnado de 5º onde aprendemos moito sobre os animais vertebrados.

                                                           

miércoles, mayo 08, 2013

FRAN ALONSO

    O día 8 de maio tivemos o privilexio de recibir no noso cole ao escritor Fran Alonso. Para a súa visita, os de 5º preparamos o poemario "Cidades" e os de 3º, "O meu gato é un poeta". A verdade é que é unha persoa moi simpática e amena, e esperamos ler máis libros seus para que volva. Deixámosvos unha presentación do seu paso polo bibliocastelo. Esperamos que vos guste!!!!

       
          

                                                Fran Alonso no bibliocastelo A Pedra

domingo, mayo 05, 2013

Os rapaces de 6º fan programas de radio

Esta vez foi na área de Lingua Castelá na que a rapazada de 6º probou unha nova experiencia multimedia.
Velaquí tendes algunhas das súas sintonías!

domingo, abril 28, 2013

PAPIRUS VIVE NOS CONTOS CLÁSICOS

Nesta semana de Libros e celebracións, os rapaces e rapazas de 6º quérenvos presentar novas versións dos contos clásicos   nos que aparece un personaxe moi especial.
Para elaboralos puxeron a funcionar o batedor  de historias e nel mesturaron contos de sempre cunhas pingas de maxín, dez megas de tecnoloxía e grandes doses de traballo.
Velaquí o resultado! Desexamos que sexa do voso agrado!

















jueves, abril 25, 2013

XABIER DOCAMPO VISITA O NOSO BIBLIOCASTELO


Hoxe foi un día especial no noso Bibliocastelo. Tivemos a fortuna de contar coa presenza de Xabier Docampo.
 Esta visita formaba parte do programa de actividades organizadas co gallo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de abril).
Os mozos e mozas de 6º recibiron o autor lucense despois de leren O MISTERIO DAS BADALADAS, unha extraordinaria novela de aventuras que os mantivo en vilo, mesmo máis aló da última páxina.


 O escritor falounos da importancia da lectura, do excepcional contador de historias que era o seu pai, da novela que marcou a súa infancia: A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson; de Don Álvaro Cunqueiro e de Merlín e familia; de innumerables libros dos que nos recomendaría gozar; de que sobre todo, se sinte lector…
Pasamos tamén momentos moi distendidos nos que foron os alumnos e alumnas de 6º quen lle presentaron pequenos enigmas que el debía resolver.
 
 

 
Rematou o encontro coa sinatura de exemplares do libro.
 
Moitas grazas, Don Xabier, por este día!