miércoles, noviembre 25, 2015
domingo, noviembre 01, 2015
SAMAÍN 2015
Como non podía ser doutra maneira,
tamén chegou o Samaín!
E igual que cada
ano, a demostración de creatividade da nosa rapazada e das súas familias
deixounos pampos! Cabazas interestelares do máis abraiantes poboaron o recibidor da escola toda a semana!
Nas clases compuxemos conxuros cósmicos cargados de humor e de maxia para engadir nun mural que Ami, Geli e as demais profes do Equipo de Dinamización Lingüística montaron no vestíbulo do cole. Quedou impresionante!
Ao longo da mañá do xoves, as aulas e os corredores enchéronse de meigas, vampiros e toda clase de espectros...!
viernes, octubre 30, 2015
24 DE OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Esta semana foi moi, moi movida!
O martes baixamos ao Bibliocastelo para levarlle un agasalliño
de aniversario a Papirus! En realidade, xa fora o sábado 24 de outubro; pero
como as fins de semana non imos á escola, tivemos que agardar a ao martes despois
do recreo. Deixámoslle uns móbiles de cartolina e fío transparente que
construímos en plástica coa profe Rebeca e que representan planetas flotando no
universo bibliocastelar. Tamén, as dúas cartas que lle escribimos, preocupados
pola súa ausencia.
Cando chegamos alí, quedamos abraiados! Papirus enviáranos unha
mensaxe desde o espazo!
UNIVERSO DE LIBROS!
Ademais, Lina leunos un conto precioso sobre as fases da Lúa titulado Papá, achégasme a Lúa?
Xa sabedes, este ano toca mergullarse na inmensidade azul do firmamento!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


