domingo, febrero 26, 2017

UN ENTROIDO DE CINE






Un Entroido de PELÍCULA
E para un  curso de CINE, non podíamos pedir menos que vivir un ENTROIDO DE PELÍCULA!
Despois de moito traballar, o venres pasado saímos da escola dispost@s a encher as rúas da nosa vila da maxia do cine. Nun desfile, como cada ano,  cheo de ledicia, de música e de cor.
Pero nesta ocasión, dábase unha situación excepcionais:
·        O alumnado de 3º e 5º, unidos polo TEI, programa de Titoría Entre Iguais, concorrían xuntos como personaxes da serie de películas de HARRY POTTER.
 


Os mozos e mozas de 6º, disfrazados de CAZAFANTASMAS e FNATASMAS, desfilaron e cantaron cos PIRATAS DO CARIBE de 4º.
 

 


Entre todos  conseguiron o como dicía o retrouso da súa canción:
 

 

     “Queremos que este Entroido sexa de cine,
con larpeiradas, chulas, filloas,
ENTROIDO tolo con final feliz!”

lunes, febrero 06, 2017

DÍA DA PAZ


A semana pasada, conmemoramos o día da Paz.
Todos os nenos e nenas do colexio unidos, con diferentes cantos, diferentes cores, diferentes heroes..., pero cun mismo corazón, cun mesmo desexo: a Paz.



Nela, os alumnos de quinto tiveron unha participación especial, pois recibiron o nomeamento de titores TEI, programa no que dun xeito moi especial, van a poñer o seu gran de area para favorecer a convivencia na escola.



Os alumnos de sexto, amosaron tamén o desexo de seguir "escribindo" o seu día a día a favor da paz, acompañando este acto coa canción en francés "On écrit sur les murs".


Deixámosvos o enlace para que vexades a nosa celebración:








jueves, febrero 02, 2017

ENTREGA DIPLOMAS TEI

O 30 de xaneiro os rapaces e rapazas de 5º de primaria recibiron o seu DIPLOMA DE NOMEAMENTO como titores/as nun acto ao que asistiu todo o alumnado e profesorado de Primaria. 


Os titorandos de 3º levaban globos de cores cando nos reunimos todos no patio da escola.


Tamén contamos coa presenza do Alcalde de Bueu, Félix Juncal,  da Concelleira de Educación, Teresa López e da asesora do CEFORE, Anabel Lareo, que foron is encargados de facer entrega dos DIPLOMAS aos nenos/as de quinto.



Como remate final Titores e titorandos xuntos, soltaron os globos como símbolo de amizade e compromiso de mellora da convivencia.



Foi un acto moi emotivo e entrañable que puxo en marcha a labor dos protagonistas deste programa, o alumnado de 5º e o de 3º . Estamos convencidos de que con esforzo e implicación van acadar  un gran éxito.

martes, enero 31, 2017

PRESENTACIÓN DE TITORES-TITORIZADOS ("PROGRAMA TEI")

Este ano, o noso cole embarcouse nun novo proxecto:


"TITORÍA ENTRE IGUAIS: PROGRAMA TEI"

Este proxecto, busca mellorar a convivencia no centro, resolver os conflitos, e favorecer as relacións para así previr a  violencia e o acoso escolar.
Os protagonistas son o alumnado de quinto que titorizan ao alumnado de terceiro de primaria.
Este alumnado, tras ter unhas xornadas de información e formación, protagonizou o pasado mércores, 25 de xaneiro, unha experiencia moi emotiva. Cada alumno e alumna de quinto, titor ou titora, coñeceu ao seu titorizado ou titorizada, alumno ou alumna de terceiro.
Reuníndose primeiro na biblioteca e na sala de uso múltiples entrevistáronse mutuamente:
 Alumnado de 5º B entrevistando aos seus titorizados de 3ºB
Alumnado de 5ºA entrevistando aos seus titorizados de 3ºA

Posteriormente saíron todos ao patio. Primeiro os titores e titoras serviron de lazarillos e guiaron aos titorizados como se  se tratase de persoas invidentes polo patio.
Remataron o día facendo un xogo por parellas, no que as gargalladas foron as principais protagonistas:

Este proxecto, transmítenos esencialmente un gran optimismo. Un mundo mellor é posible, e estas rapazas e rapazas están moi concienciados. 
No seguinte vídeo poderedes ver máis imaxes deste inesquencible día.



viernes, enero 20, 2017

SILENCIO!!!! RÓDASE!!!


Esta semana vivimos na escola máis movemento do habitual (que xa é dicir...!).
Despois de dous meses traballando na redacción dos guións cinematográficos,  tivemos oportunidade de descubrir como se grava unha película de verdade! 

Para a ocasión, contamos cun equipo de profesionais coordinados por Ramón Torrente, director da rodaxe e do proxecto "Expresarte!", promovido pola Deputación Provincial e o CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Bueu, dentro do programa de actividades destinadas a previr a Violencia de Xénero entre a mocidade.

A verdade é que non é nada doado. Hai que se concentrar para  non mirar á cámara, para  non facer ruído mentres se grava... A vida dos cineastas non é tan fácil como se ve desde fóra.
Cámaras, cables por todas partes, micrófonos... claqueta e... RODANDO!!! SILENCIO!!!... ACCIÓN!!!

Foi unha experiencia que nunca esqueceremos!
Unha aperta moi forte para Ana, Brais e Ramón! Moitas grazas pola vosa paciencia!

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgoqcTB4Jq2jJdRQj7_tXsW1OHzgV53_aiYR7K_h7WTTYXbTcWnNBupP71ABjedT9c9AQMzc3Jmfm-BwWNd22JF6PW8tTokfx4YecxI5YfCaog0WePAhUcTkFDP3hTrzJsZZPcLqo727eQ/s1600/compri4.jpg



No blog do noso Bibliocastelo poderedes ler a noticia. Clicade no enlace para vela.

Tamén na páxina web do concello.

viernes, diciembre 23, 2016

OBRADOIROS DE NADAL!!!!


E POR FIN CHEGARON AS VACACIÓNS!!!!


Calquera diría que non habían chegar nunca! Que agobio! Traballos, exames, murais...!
 
Pero como todo pasa, os apuros tamén pasaron e chegaron as ansiadas vacacións precedidas da xa tradicional XORNADA DE OBRADOIROS DE NADAL! Este ano tocaban de cine!!



 

Que ben o pasamos! Maquillámonos de personaxes de película con Lina, xogamos a unha xincana de cine con Goretti, Elaboramos móbiles de animación con Carmen Cazorro e xogamos a adiviñar títulos de películas en inglés con Luisa!! UNS OBRADOIROS DE ALUCINE!!!
Despois do recreo, subimosa clase para compartir unha saborosa merendola con larpeiradas de Nadal!!




 
 














 















MOI FELICES FESTAS A TODAS E A TODOS!!!