martes, junio 27, 2017
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 2016-2017
Despois dun ano intenso de traballo e esforzo, rematamos o curso cunha gran excursión.
Gozamos moito no parque multiaventuras de Padrón.
Alí, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fixemos actividades moi divertidas:
- Circuitos de altura.
- Paintball Láser-tag
- Tiro con arco
- Tirolina
- Rocódromo
- Deslizador acuático
- Piscina.
Deixámosvos neste vídeo unha mostra do ben que o pasamos:
lunes, junio 19, 2017
PROGRAMA METEOESCOLAS
Neste
curso o alumnado do CEIP plurilingüe A Pedra de Bueu, dentro do programa
Meteoescolas e a modo de proxecto de fin de etapa levaron a cabo un traballo
interdisciplinario onde interviñeron as áreas de Lingua Galega, Ciencias
Sociais, Ciencias Naturais e Matemáticas. Utilizaron como instrumento de
aprendizaxe significativo o traballo cooperativo, distribuíndose o alumnado en
equipos de 3 ou 4 compoñentes. Deste xeito traballaron os estándares de aprendizaxe que tiñan relación con:
O tempo atmosférico, instrumentos que serven para
observalo, a garita meteorolóxica, a Lúa, factores que modifican o clima, os
climas de España, os fenómenos meteorolóxicos, a formación das nubes, acción
do home no medio natural, necesidade de coidar o medio natural, os espazos
protexidos.
Ademais, organizaron en táboas as precipitacións
mensuais recollidas cos datos observados polo alumnado na garita meteorolóxica
do colexio nos 5 primeiros meses deste ano
e tamén calcularon as medias mensuais das temperaturas máximas e mínimas.
Con toda esta información elaboraron e interpretaron un climograma comparándoo
cos datos meteorolóxicos históricos de Bueu.
Tendo en conta que en expresión escrita estudaran a
análise e redacción de textos
xornalísticos, presentaron a modo de reportaxe a información recollida que acompañaron con imaxes.
Todos os traballos colocáronos no taboleiro de
cadansúa clase para posteriormente podelos gravar e traballar así os estándares
de aprendizaxe de expresión oral.
Todas e todos puxeron o mellor de seu e aínda que á
hora de gravar houbo quen se puxo nervioso e
se equivocou, confiamos en que saberedes desculparnos.
E velaí vai o resultado de tanto traballo. Que o
desfrutedes!
SAÍDA TEI Á PRAIA DE AGRELO!
O alumnado de terceiro e quinto vivimos o pasado venres, 16 de xuño, unha estupenda xornada de convivencia, para despedir o proxecto TEI neste curso escolar.
Saímos moi tempraniño de mañá e dirixímonos á praia de Agrelo. No mirador sacámonos estas fotos.
Tan pronto chegamos, dividímonos en dous grupos, e mentres 3ºA e 5ºA se dirixían á Sala de Interpretación do Litoral, 3ºB e 5ºB realizaban uns divertidos xogos, dirixidos por dous monitores, no areal.
Na Sala de Interpretación, antigo matadeiro de Bueu, Manolo Otero, Concelleiro de Deporte e Medio Ambiente, foinos explicando a costa da nosa da vila dende a praia de Portomaior na parroquia de Cela ata a praia de de Areas de Bon na parroquia de Beluso. Contounos cousas moi interesantes, non só sobre a situación xeográfica senón tamén sobre a historia.
Xa na praia, realizamos varios xogos, baixo a dirección de Jose e Andrés. Pasámolo xenial, corremos, saltamos, bailamos pero sobre todo rimos a escachar!
Despois de merendar fixemos varios xogos máis. Nesta foto podedes vernos, afanados en facer o burato máis grande. As parellas estaban formadas por titor e titorizado.
UN DÍA PARA QUEDAR NA NOSA MEMORIA SEN NINGUNHA DÚBIDA!
lunes, mayo 22, 2017
Xornadas
XORNADAS DE ATLETISMO BASE
O mércores día 8 maio e despois dun retraso por mor do mal tempo, por fin saímos cara a Cangas para celebrar as Xornadas de Atletismo base. E así foi como un grupo de nenos-as de 5º de E.P. partimos moi cedo do colexio cara ás pistas, cun pouco de medo porque ventaba choiva. Chegamos os primeiros e despois de esperar un chisco, comenzaron as probas. As primeiras foron salto de lonxitude e o lanzamento de vórtex; a continuación, as de 60m. lisos, 500m. lisos e o lanzamento de peso e para rematar, os relevos de 4X60m. Non faltou en ningún momento a animación dos compañeiros-as, como podedes ver na foto.

Foi un día moi divertido e aínda que a clasificación non estivo mal, podería ser mellor. Aprendemos un montón e experimentamos con materiais novos e nunha pista que moitos de nós nunca pisaramos.
Só nós queda darlles as grazas aos organizadores Alberto e Pablo do Clube Atletismo Morrazo pola súa invitación.

Só nós queda darlles as grazas aos organizadores Alberto e Pablo do Clube Atletismo Morrazo pola súa invitación.
GRAZAS E ATA A PRÓXIMA.
GRANXA MONTERO RÍOS E AREEIRO
O alumnado de
quinto de primaria fixemos unha emocionante saída á Granxa de Montero Ríos, en
Lourizán, e á estación fitopatolóxica Areeiro.
Disfrutamos da
paisaxe daquel fermoso lugar, e aprendemos moito sobre especies procedentes de diferentes
lugares do mundo.
Na estación
fitopatolóxica, tamén coñecemos diversos métodos para combater pragas e coidar
as nosas hortas e xardíns.
sábado, mayo 20, 2017
CUADRANGULAR DE BELUSO
Un ano máis, como tódolos anos por estas datas, chega ao correo do noso centro unha invitación dende Beluso. É para participar no Cuadrangular de fútbol xunto cos colexios de Torre Cela, Virxe Milagrosa e os organizadores, Montemogos. É por iso que o venres 10 de maio e despois de cumprir coas nosas obrigas escolares, saÍmos con moita ilusión un grupo de nenos-as de 6º de EP rumbo a Beluso co fin de representar ao noso centro.
Cando chegamos, estaban a xogar o 1º partido os de Torre Cela cos da Virxe Milagrosa; despois, foi a quenda dos anfitróns cos da Virxe Milagrosa; logo, os de Torre Cela con nós e así un emparellamento tras outro ata xogar todos. Corremos, rimos, suamos e pasámolo fenomenal; pero o mellor foi o boliño de leite co que nos agasallaron ao rematar o cuadrangular e que nos soubo a gloria, sobre todo despois de que nos desen a medalla de ouro.
GRAZAS, MONTEMOGOS! Xa esperamos impacientes a invitación para o vindeiro ano.
martes, mayo 09, 2017
CORRELINGUA
Os alumnos e alumnas de quinto de primaria xunto co resto do cole, unímonos ao Correlingua, porque "Queremos galego sen cancelas".
Deixámosvos aquí o enlace (clica na imaxe):
http://enredemosapedra.blogspot.com.es/2017/05/vii-correlingua-no-morrazo.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





